Como xa temos visto en entradas anteriores de Memoria Libertaria na Galiza, as novas sobre a represión da folga xeral de 1901 na Coruña pronto chegaron ás páxinas da prensa de Madrid, coa información habitualmente enguedellada coas consecuencias políticas na Corte dos feitos acontecidos. Non só foi tratado pola prensa política, senon tamén polas publicacións que usaban o humor como ferramenta política.
Por exemplo, no semanario satírico conservador Gedeón, atopamos na mesma portada do seu exemplar de 5 de xuño de 1901 (Año VIII – nº289), a seguinte viñeta:

Baixo o debuxo da viñeta, na que aparece un fieiro de traballadores, algúns vestidos con aparentes “traxes tradicionais” (na típica ollada madrileña a Galiza), portando padiolas cos mortos e feridos, en dúas liñas de texto con estrutura de pareados, que din o seguinte:
“Este año se ha anticipado,
contra todo lo anunciado.
Se esperaba en Cataluña
y fué y saltó en la Coruña”
O autor da viñeta é Pedro Antonio Villahermosa Borao (1869-1945) que asina baixo o seudónimo de “Sileno”.
No mesmo exemplar, e coa mesma autoría, os sucesos da Coruña tamén protagonizan o diálogo entre dous personaxes habituais nas páxinas deste semanario: Gedeón, “exDiputado a Cortes por Madrid”, e mailo seu sobriño, Calínez, aspirante ao cargo:



Hai máis contidos vencellados cos sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña, neste exemplar de Gedeón, que poden ser consultados na Hemeroteca Digital da Biblioteca Nacional de España: Gedeón (Madrid), 05/06/1901, pero salientamos o seguinte breve diálogo:

No número seguinte de Gedeón, de 12 de xuño de 1901 (Ano VIII – nº290) tamén aparece referencia aos sucesos da Coruña. Recollendo un parágrafo das crónicas enviadas por Federico Marqués, corresponsal enviado polo xornal madrileño El Imparcial, que xa temos recollido neste espazo web, fai unha curiosa reflexión:

Por último, no exemplar de Gedeón de 10 de xullo de 1901 (Año VIII – Nº 294), tamén atopamos unha pequena referencia á situación da Coruña, que permanecía aínda sometida ao “excepcional” estado de guerra declarado a finais de maio:










Deixar un comentario