[Folga de 1901 na Coruña] Novas dos sucesos no xornal “Boletín Mercantil de Puerto Rico”

Ata o ano 1898, Puerto Rico viña sendo unha colonia española. As derrotas do exercito español en Cuba e Filipinas, na guerra entre Estados Unidos e España, leva aos norteamericanos a invadir Puerto Rico a partir do 25 de xullo de 1898, para logo pasar a illa a sufrir unha ocupación militar estadounidense e, coa Lei Foraker de 1900, un goberno de dominación colonial.

Ao longo de moitos anos das dúas dominacións, española e estadounidense, o xornal Boletín Mercantil de Puerto Rico, entre 1839 e 1918, foi o principal medio de comunicación das clases dominantes e conservadoras portarricenses.

No ano 1901 o xornal publicaba, xa en ambas linguas, novas locais e internacionais, polo que os telegramas recibidos da antiga e da nova metrópole ou doutros paises europeos eran recollidos no Boletín Mercantil tanto en español como en inglés. E así aconteceu cos sucesos acontecidos na Coruña en maio de 1901.

Xa o sábado 1 de xuño de 1901, as páxinas do Boletín Mercantil de Puerto Rico recollen as primeiras novas do acontecido na cidade da Coruña os dous días anteriores:

Nos seguinte números publicado do Boletín Mercantil, ao longo das semanas posteriores aos sucesos , aparecen breves notas salientando un suposto restablecemento da normalidade na cidade herculina e a reposición das garantías constitucionais suspendidas polo estado de guerra. Unha resposición que, como sabemos, demorouse aínda durante meses. Normalmente vencéllase o sucedido coa represión xeralizada na antiga metrópole ao movemento obreiro e sinaladamente aos libertarios.

Boletín Mercantil de Puerto Rico, 4 de xuño de 1901:

Boletín Mercantil de Puerto Rico, 7 de xuño de 1901:

Boletín Mercantil de Puerto Rico, 8 de xuño de 1901:

Boletín Mercantil de Puerto Rico, 10 de xuño de 1901:

Boletín Mercantil de Puerto Rico, 15 de xuño de 1901:




Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”