[Folga de 1901 na Coruña] Eco dos sucesos na prensa estadounidense

Os ecos dos brutais sucesos represivos acontecidos nos últimos dous días de maio de 1901 na cidade da Coruña acadaron case todos os rincóns do mundo a través da prensa.

Nos Estados Unidos de América preto dun cento de xornais recolleron nas súas páxinas, con maior ou menor extensión e/ou acerto, reseñas dos sucesos.

Deste xeito, os lectores norteamericanos de xornais de ámbito nacional como The Times, publicado na capital federal Washington D.C., pero tamén de pequenos periódicos locais como, por poñer un exemplo, o Turner County Herald, da localidade de Hurley, South Dakota puideron coñecer o que sucedeu na cidade coruñesa malia que fora ás veces cunha brevísima nota.

Trátase de xornais escritos non só en lingua inglesa, senón tamén xornais publicados noutras linguas como o alemán (como o Süd=Dakota Nachrichten und Herold con redacción en Sioux Falls, South Dakota; ou Der Deustche Correspondent, de Baltimore ), polaco (Ameryka, de Ohio, ou o Telegraf, de Chicago), ou italiano (L’Italia, de San Francisco), dirixidos aos numerosos traballadores migrantes destes pobos en terras estadounidenses.

Son medios publicados non só no territorio continental de USA,senon tamén en periódicos de Hawai (como The Pacific Commercial Advertiser) ou de Puerto Rico (como San Juan News, en lingua inglesa, e La Democracia, en lingua castelán) publicaron novas do acontecido na represión da folga xeral de 1901 na nosa cidade.


Premendo na imaxe, no mapa pódense consultar as novas recollidas nos distintos xornais nos primeiros días de xuño de 1901:


Todos os xornais mencionados poden consultarse en Chronicling America unha iniciativa do National Endowment for the Humanities e maila Biblioteca do Congreso Library of Congress




Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”