Sebastiana Vitales, unha muller libre na Coruña (II)

Na anterior entrada de Memoria Libertaria na Galiza recollíamos os dous artigos dedicados a Sebastiana Vitales titulados “Una Mujer Libre en A Coruña”, escritos polo compañeiro M. Genofonte nas páxinas dos números 53 e 54 da VII época do Semanario La Campana.

Hoxe seguimos a lembrar a esta muller libre da Coruña, malia que aragonesa de orixe, recollendo algún dato máis con referencias aparecidas na prensa burguesa da cidade e tamén na prensa confederal.

Sebastiana Vitales Gascón (ou Gastón), “Bastiana” como era coñecida, foi nada en marzo de 1902 en Ansó (Huesca). Procurou ben nova unha vida mellor na emigración nos Estados Unidos. En 1933, xunto co seu compañeiro, o galego Francisco Ballón Pequeño, natural de Fisterra, volve a Europa para fixar o seu fogar no barrio de Monte Alto, na Coruña.

Pronto ambos comezan a militar de xeito activo no movemento libertario coruñés e na anarcosindicalista Federación Local Obreira. Comeza daquela unha época de militancia, participando en diferentes accións do Sindicato.

Por poñer un só exemplo, xa no verán do ano 1933, atopamos novas da súa participación activa no boicot declarado pola Confederación contra Cervezas Damm:

A principios de xuño de 1933, os Sindicatos de Alimentación da CNT de Barcelona fixeran un chamamento de solidariedade para que se adoptara esta medida do boicot por parte de todos os sindicatos adheridos á CNT, en resposta á conducta antisindical da empresa, co despedimento dunha boa parte dos traballadores da factoría por ter secundado unha folga, tal e como se recolle a publicación Solidaridad Obrera de Barcelona, voceiro da CNT e da súa Confederación de Catalunya:

Solidaridad Obrera (BCN), 6 de xuño de 1933
Solidaridad Obrera (Barcelona), 9 de xuño de 1933.

A Federación Local Obreira coruñesa responde ao chamamento dos compañeiros de Barcelona e comezan as accións aprol do boicot desta cervexa:

Solidaridad Obrera, nº126, 10 de xuño de 1933, páxina 3
Solidaridad Obrera, nº130, 8 de xullo de 1933, páxina 4

Nunha destas accións de propaganda en solidariedade cos compañeiros despedidos resultará multada a compañeira Sebastiana Vitales, como recolle a prensa da época:

El Ideal Gallego, 18 de xullo de 1933
La Voz de Galicia, 18 de xullo de 1933

Mais tamén atopamos referencias á actividade militante de Sebastiana como columnista na prensa confederal. En outubro de 1933, o voceiro da Confederación Rexional Galaica da CNT, o semanario Solidaridad Obrera publica un artigo de Sebastiana Vitales, baixo o título “Como yo opino”, adicado ao conflito que se estaba a desenvolver coa folga da construción.

Solidaridad Obrera. Nº 146. Sábado, 28 de octubre de 1933. Pax. 4

Outras das actividades nas que atopamos o compromiso militante de Sebastiana son aquelas que eran desenvolvidas en solidariedade cos obreiros presos e represaliados

Solidaridad Obrera, nº126, 10 de xuño de 1933, páxina 3

Pero será determinante a actividade de Bastiana na loita pola liberación da muller. Participou na creación de Vangarda Feminina da FAI (Federación Anarquista Ibérica) que logo sería xerme de “Mujeres Libres” na cidade coruñesa, creada con posterioridade, en maio de 1936, e da que Bastiana e Laura López, entre outras, foron fundadoras.

Como representante de Vanguardia Femenina participa en numerosos actos de propaganda, como o reseñado polo xornal El Ideal Gallego, celebrado en decembro de 1933 no barrio coruñés do Ventorrillo:

El Ideal Gallego, 6 de decembro de 1933

No verán de 1933, o colectivo Vanguardia Femenina organiza unha xira a Santa Cruz para obter fondos para soster aos presos que ten lugar o 13 de agosto de 1933:

La Voz de Galicia, 13 de agosto de 1933

Atopamos unha crónica deste acto nas páxinas 2 e 3 do nº136 de Solidaridad Obrera, de 19 de agosto de 1933:

Solidaridad Obrera, nº136, 19 de agosto de 1933

Desta actividade, o anarquista galego deportado da Arxentina, Manuel Hermida, deixounos unha crónica publicada no seminario anarcosindicalista Solidaridad Obrera:

Solidaridad Obrera, nº141, 23 de setembro de 1933

Tamén o xornal La Voz de Galicia recolle nas súas páxinas do 16 de agosto de 1933, unha crónica desta actividade, de tono ben distinto:

O obxectivo desta actividade foi conseguido como vemos no balance publicado polo colectivo feminista nas páxinas da prensa confederal:

Solidaridad Obrera, nº137, 26 de agosto de 1933

Como oradora, fixo uso da palabra en varios mitins obreiros e participou da xira de propaganda de Federica Montseny por terras galegas en decembro de 1935, como recolle a catalana nas súas lembranzas “Impresiones de un viaje por Galicia”, publicadas en “La Revista Blanca”, en 1936:  

Entre as novas da prensa burguesa atopamos referencia de algunhas das intervencións de Sebastiana nos actos celebrados naquelas datas, como o que tivo lugar en Sada:

La Voz de Galicia, 16 de xaneiro de 1936
La Voz de Galicia, 24 de marzo de 1936

Sen embargo, se cadra o máis importante en canto a súa dimensión foi o celebrado con motivo do 1º de Maio de 1936 na Praza de Touros da Coruña:

La Voz de Galicia, 2 de maio de 1933
La Voz de Galicia, 2 de maio de 1936
El Ideal Gallego, 2 de maio de 1936

O mitin rematou nunha enorme manifestación que percorreu as rúas máis céntricas da cidade:

La Voz de Galicia, 2 de maio de 1936

Logo da sublevación fascista do 18 de xullo de 1936, comeza a brutal represión. Francisco, o seu compañeiro, é arrestado e fusilado no Campo da Rata de Punta Herminia, apenas un mes despois do golpe de estado, o 14 de agosto de 1936.

Sebastiana sostén no seu domicilio unha das casas-refuxio dos barrios das Atochas e Monte Alto, onde se acolle e acubilla a militantes perseguidos, razón pola que sufrirá o paso pola cárcere, a persecución, o “exilio interior”… vivindo agochada e vítima de moitas privacións e sacrificios, pero que non foron quen de facerlle baixar a cabeza:

La Voz de Galicia, 3 de abril de 1943

Tras varios intentos frustrados, en 1954 consegue marchar ao exilio en Venezuela, xunto coas súas fillas.

La Voz de Galicia, 31 de outubro de 1940
La Voz de Galicia, 15 de xaneiro de 1941

Finalmente, Sebastiana Vitales, a nosa Bastiana, morreu no exilio venezolano no ano 2000.

Lembrando a Bastiana, recuperamos a memoria das mulleres libertarias que loitaron arreo por construir un mundo novo. Mulleres que foron acadando algún recoñecemento, ben merecido, nos últimos anos como Basilisa Álvarez, Joaquina Dorado… e outras que aínda permanecen agochadas tralas neboas do esquecemento, mulleres rebeldes que afrontaron as dificultades con coraxe.


Mulleres como a mandadeira Ramona Feijoo Fernández, multada como temos visto xunto a Sebastiana Vitales polo boicot ás cervexas Damm, das que só nos queda imaxinar a súa vida a través dos retallos das páxinas de sucesos:






Deixar un comentario

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”