“A Coruña, 1901: un retrato a chumbo e sangue”, palestra en O Facho, o 27 de maio de 2025

A finais de maio de 1901, a cidade da Coruña quedou paralizada por unha folga xeral que había de durar tres días, convocada polas sociedades obreiras trala morte a noite anterior, dun traballador en folga.

O medo da burguesía local e as estruturas estatais ante o pulo da organización obreira, que fora quen de deter a cidade nunha noite, provocou a brutal represión que de seguido sufriron as traballadoras e traballadores e que deixou as rúas tinguidas de sangue obreira, a cidade e maila súa contorna en estado de sitio e baixo mando militar por varios meses, e o nacente movemento obreiro da cidade herculina perseguido e criminalizado cos seus responsables presos nas cadeas da cidade ou en presidios lonxe dos seus, e as sociedades obreiras suspendidas.

Case 125 anos despois de ter acontecido, o relato dos sucesos na Coruña logo da chamada “folga dos consumeiros” permitirá achegármonos a un retrato da nosa cidade a finais do s.XIX. Unha cidade en pleno proceso de cambio cara a modernidade, e sinaladamente, ao nacemento do movemento obreiro coruñés e da organización dos traballadores e traballadoras, que logo marcarán os anos posteriores no decorrer do s.XX ata a feroz e sanguinaria masacre que comezou en xullo de 1936.

Mais a lembranza do ocorrido continúa viva hoxe grazas ás investigacións e publicación realizadas, pero tamén grazas ao propio pobo que uns anos máis tarde levantou, por subscrición popular e a iniciativa das sociedades obreiras, o memorial que recorda no cemiterio de Santo Amaro aos traballadores e traballadoras asasinadas.

Un pobo que continúa aínda hoxe lembrando cada ano que a historia, como a liberdade, é unha obra colectiva, que milleiros de mans, anónimas pero organizadas, procuran e acadan os avances con loita e esforzos compartidos, nun camiño de emancipación polo que aínda avanzan os nosos pasos.

Data: 27 de maio, martes

Hora: ás 8 do serán

Lugar:  Espazo Cultural Portas Ártabras, na rúa Sinagoga 22 (A Coruña)




Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”