Recentemente ten sido incorporada esta cabeceira de prensa madrileña aos fondos dixitalizados da Hemeroteca da Biblioteca Nacional de España.
Trátase do xornal El Nacional, editado en Madrid entre 1894 e 1913, baixo a dirección, ata o seu falecemento en 1903, de Adolfo Suárez Figeroa. Político e xornalista andaluz, era irmán de Augusto, director de El Heraldo de Madrid e outros medios da época. Adolfo foi deputado por Málaga en varias ocasións.
Tratábase dun xornal vespertino, de orientación conservadora, vencellado ao político Francisco Romero Robledo e as súas páxinas acolleron moitos dos enfrentamentos deste lider conservador co seu correlixionario Luis Silvela.

Xa no exemplar da tarde do 31 de maio de 1901 recolle na súa portada os sucesos na Coruña, cualificándoos de motín, para na páxina 3 facerse eco das novas de axencia asinadas pola Agencia Mencheta e enviadas aos medios por telégrafo.


No sábado 1 de xuño de 1901, o xornal madrileño amplia a información do día anterior coas novas recibidas por telégrafo:



Na propia portada do exemplar do día 1 de xuño, a desputa política da corte madrileña parece máis relevante que a sangue obreira verquida nas rúas. Nun breve editorial titulado “Los gobernadores”, ao fio do nomeamento de novos gobernadores civiles afirma textualmente:
“Miren el señor Sagasta y el señor Moret el caso del gobernador de la Coruña. Pocos ejemplos de ineptitud como ese. Desde lejos se ve con claridad todo lo que ha omitido la autoridad civil ante el conflicto“.

Os acontecementos na cidade herculina tamén serán tratados no Consello de Goberno presidido por Sagasta, como recolle El Nacional na breve reseña dos asuntos levados polos ministros a dita xuntanza, en concreto no que atinxe á presidencia e ao ministro Moret:

Xa no domingo 2 de xuño, as páxinas deste xornal madrileño recollen novas achegadas dende A Coruña:


O luns 3 de xuño, de novo en portada, recóllense novas recibidas por vía telegráfica da situación na Coruña:

A destitución do gobernador civil tamén é obxecto de atención na información política deste exemplar de El Nacional:

Nos tres días seguintes, 4, 5 e 6 de xuño) os sucesos na Coruña van deixando de aparecer nas páxinas de “El Nacional” quedando só notas breves referidas, habitualmente, ás consecuencias dos mesmos a nivel político e xudicial:












Deixar un comentario