A Folga de 1901 na Coruña, no semanario “La Protesta Humana” de Arxentina

O 13 de xuño de 1897 saía do prelo o primeiro número da publicación anarquista arxentina La Protesta Humana.

A súa redacción en Bos Aires e mailo seu panel de colaboradores estaba composta por algún xornalista, como o galego Julio Camba, pero maioritariamente eran zapateiros, cocheiros, carpinteiros, estibadores, panadeiros, tipógrafos… maioritariamente homes pero tamén algunha muller, con diferentes orixes: galegos, asturianos, andaluces, franceses, italianos…

Malia comezar a súa publicación con caracter quincenal, pronto pasa a se converter en semanario e acadando grande difusión pola América latina, chegando a se distribuir en Montevideo, Río de Janeiro e varias cidades de Perú e Chile.

Foi clausurado a finais de 1902, baixo a aplicación da Ley de Residencia (coñecida como Ley Cané) que autorizaba ao goberno a expulsar a extranxeiros que foran considerados “peligrosos” ou que comprometeran a orde pública. A declaración do estado de sitio na República no contexto dunha importante folga portuaria fixo posible que moitos dos seus colaboradores foron deportados. Mais a publicación reaparecerá en xaneiro do ano seguinte, co nome La Protesta.

Nas súas páxinas deu cobertura aos sucesos da folga de 1901 na Coruña, recollendo tanto as novas que recibía da outra beira do Atlántico, principalmente a través de La Revista Blanca e o seu Suplemento, como das manifestacións de protesta e solidariedade coas vítimas que foron desenvolvidas no país andino.

Así, no seu exemplar de 7 de xullo de 1901, publica a crónica dos sucesos, recollendo o que fora xa publicado no Suplemento a la Revista Blanca, como vimos noutras entradas en Memoria Libertaria na Galiza.


Estamos no mes de xullo de 1901, cando xa a campaña de solidariedade impulsada por La Revista Blanca estaba avanzando polo mundo enteiro, como da conta a crónica nas páxinas de La Protesta Humana dun mitin anarquista celebrado en Londres, do que xa temos falado noutra entrada deste espazo web, no que participaron importantes figuras do anarquismo como Errico Malatesta ou Louise Michel.

La Protesta Humana, ano V – nº131, de 13 de xullo de 1901


Baixo o título “Unimos nuestra protesta”, no exemplar 133 de La Protesta Humana atopamos reproducido de La Revista Blanca o manifesto asinado polos obreiros coruñeses solicitando a solidariedade da clase traballadora de todo o mundo coas vítimas da represión sufrida: “Llamamiento a las sociedades obreras, a la prensa honrada y a todos los hombres de buena voluntad en general“, acompañado unha breve crónica da situación daquel momento na cidade. Remata cun chamado a organizar a solidariedade e o apoio aos traballadores coruñeses con estas verbas:

La Protesta Humana, Ano V – nº133, 27 de xullo de 1901


No número 135 de La Protesta Humana, de 10 de agosto de 1901, ademáis das novedades sobre as consecuencias dos sucesos de Maio de 1901 na Coruña, aparece xa nova da creación dun comité para encauzar e promover a solidariedade polos sucesos represivos no estado español contra os traballadores e traballadoras, e nomeadamente no que atinxe ao acontecido na Coruña.

La Protesta Humana, ano V – nº135, 10 de agosto de 1901


Como secretario deste Comité Anti-Inquisitorial, creado para “axitar” a protesta contra a persecución á que se vían sometidos os traballadores e traballadoras coruñesas, aparece o compañeiro José Mella, con domicilio na avenida de Estados Unidos, nº860 da cidade de Bos Aires.

Dende o mesmo anuncio da súa constitución en agosto de 1901 ata decembro dese mesmo ano, J. Mella exerceu como secretario da Comisión Anti-Inquisitorial Española. Anteriormente fora un dos fundadores da Sociedad de Tabaqueros de Buenos Aires e xerente da súa cooperativa.

Participa na folga xeral de 1902 polo que o 31 de decembro dese ano é deportado a España. Sen embargo, logra desembarcar do buque que o traslada, volvendo a terra no porto de Santos para logo refuxiarse en São Paulo e Montevideo e así evitar o regreso ao estado español.

Por intervención do seu patrono Juan Canter, logra retornar, pero xa enfermo de tuberculose. Empregado por Juan Canter na súa fábrica de tabacos “la Sin Bombo” de Bos Aires, finalmente morre en xuño de 1905.


A partir do número 136, de 17 de agosto de 1901, comezan a aparecer novas da acción deste novo Comité Anti-inquisitorial (en ocasión tamén aparece nomeada como “Comisión”), ademáis de continuar dando relato das diferentes accións de protesta e de solidariedade que son desenvolvidas tanto na Arxentina como noutros paises latinoamericanos, como Cuba:

La Protesta Humana, ano V – nº136, de 17 de agosto de 1901


A partir do momento da constitución deste Comité, nas páxinas de La Protesta Humana, as novas sobre os consellos e guerra contra obreiras e obreiros coruñeses sucédense xunto á expresión da solidariedade da clase obreira da Arxentina e do mundo enteiro.


La Protesta Humana, ano V – nº138, 31 de agosto de 1901

La Protesta Humana, ano V – nº139, 7 de setembro de 1901


As páxinas de La Protesta Humana acollen as adhesións e aportacións de sociedades obreiras, particulares, etc. en solidariedade coa clase obreira coruñesa que serían canalizadas a través de La Revista Blanca, e para o propio afrontamento dos gastos do Comité.

La Protesta Humana, ano V – nº140, 14 de setembro de 1901


La Protesta Humana, ano V – nº141, 21 de setembro de 1901


La Protesta Humana, ano V – nº142, 5 de outubro de 1901

Cando a represión contra o movemento obreiro volve a operar en outras cidades como Sevilla, coa folga iniciada na factoría de cerámica de “La Cartujana” en outubro de 1901, que son tamén atendidos pola redacción de La Protesta Humana, resulta imposible non atopar as semellanzas cos sucesos na cidade herculina.

Nesta fábrica de loza sevillana de capital británico (Pickman S.A.), localizada nun vello mosteiro desamortizado, a decisión de peche patronal provoca unha folga xeral na cidade.

A represión posterior será tanto policial como xudicial, ademáis de conlevar o despido por parte dos propietarios da empresa dunha décima parte do seu panel, prescindindo dos traballadores e traballadoras que foran sinalados polos capataces como “malísimos” e “malísimas” (os anarquistas), ou simplemente “malos” e “malas”:

Do Archivo Histórico Provincial de Sevilla

Como avanzabamos, estes feitos, con evidentes similitudes co acontecido na Coruña no que atinxe á extensión dun conflicto laboral ata chegar a unha folga xeral masivamente secundada, tamén serán recollidas nas páxinas de La Protesta Humana:

La Protesta Humana, ano V – nº144, 19 de outubro de 1901


A medida que, grazas á presión da clase obreira internacional, a presión sobre os traballadores e traballadoras coruñesas vai afrouxando e mesmo son postos en liberdade os presidentes das sociedades obreiras (setembro de 1901), un novo conflicto laboral, reprimido con tráxicas consecuencias, ocupará a partir deste momento as páxinas de La Protesta Humana:

Máis información destes sucesos, nesta entrada de Memoria Libertaria na Galiza:

Os sucesos de Rosario (Arxentina) en outubro de 1901


No mesmo número 145 de La Protesta Humana de 26 de outubro de 1901, no que son narrados os sucesos de Rosario, o Comité Anti-Inquisitorial, dando por finalizada la campaña, presenta contas das adhesións recibidas e do recadado en solidariedade coas vítimas da represión na Coruña:

La Protesta Humana, ano V – nº145, 26 de outubro de 1901


Malia ter finalizado a campaña, aínda no mes de novembro de 1901, nas páxinas do nº147 do semanario anarquista La Protesta Humana aparece unha nota do Comité Anti-Inquisitorial con adhesións de última hora, así como novas de accións de solidariedade polo mundo adiante, neste caso en Suiza:


Logo da intensa campaña desenvolvida en solidariedade cos obreiros e obreiras, vítimas da represión na Coruña, esta é a listaxe de sociedades obreiras e colectivos adheridos:

  • Centro Recreativo Musical “El Porvenir Social”, Buenos Aires
  • Centro Socialista Mendocino, Mendoza
  • “Grito Obrero”, Buenos Aires
  • Centro Socialista Barracas al Norte, Buenos Aires
  • Sociedad Instructiva y Recreativa Artesanos Unidos de Barracas al Norte, Buenos Aires
  • Sociedad de Obreros y Albañiles, Buenos Aires
  • Centro Unión Obrera de Chivilcoy
  • Librería Sociológica, Buenos Aires
  • Taller Tipográfico de “El Progreso”, Rosario Oriental (Uruguay)
  • Centro de Estudios Sociales de Mendoza
  • Centro Socialista de la Boca, Buenos Aires
  • Unión de cigarreros y cigarreras de hoja, Rosario de Santa Fé
  • Obreros Yeseros de Rosario de Santa Fe
  • Centro de Estudios Sociales de Bolivar
  • Sociedad Cosmopolita de Pintores, Buenos Aires
  • Sociedad de obreros albañiles y anexos, Rosario de Santa Fé
  • Grupo Libre pensadores de Rosario
  • Grupo de Estiradores Revolucionarios, Rosario
  • Grupo “Náufragos de la Vida”, Rosario
  • Centro Libertario, Bahía Blanca
  • Trabajadores de la línea F.C.S. Pringles, Bahía Blanca.
  • Centro Socialista de Rafaela, Santa Fé
  • Centro Socialista Sección Oeste, Buenos Aires
  • Sociedad de Obreros Panaderos, Mendoza
  • Centro Socialista de la parroquia de S.Bernardo, Buenos Aires
  • Sociedad de obreros Zapateros, cortadores y aparadores, Rosario
  • Centro de Estudios Sociales de Luján
  • Centro Obrero “Armonía Universal”, de San Francísco, Córdoba.
  • Sociedad de obreros Zapateros de Buenos Aires
  • Grupo Libertario “La Aurora”, Montevideo.
  • Grupo “Defensores de las Nuevas Ideas”, Buenos Aires
  • Centro Libertario del Sud, Puerto de Bahía Blanca.
  • Sociedad Unión de Fideieros, Buenos Aires
  • Grupo “Libertad y Amor”, Rosario de Santa Fé
  • Sociedad de Obreros Albaniñes y anexos, de Banfield
  • Grupo “L’avvenire Sociale”, Buenos Aires
  • Sociedad Cosmopolita del Puerto, La Plata
  • Grupo “Justiciero” de Alberdi, Rosario
  • Redacción del periódico “La Nuova Civiltà”, de Buenos Aires
  • Centro Socialista Obrero, de Bahía Blanca
  • Centro Obrero de Estudios Sociales, Santa Fé
  • Sociedad de resistencia de Tabaqueros Unidos, Buenos Aires
  • Grupo Obrero de Juares, Juarez
  • Grupo “El Rebelde”, Buenos Aires
  • Comité Federal de la Federación Obrera Argentina, Buenos Aires
  • Grupo de Estivadores Revolucionarios, Rosario
  • Sociedad de Ferrocarrileros y anexos, Rosario
  • Sociedad de Albaniles, Rosario
  • Sociedad de Panaderos, Rosario
  • Sociedad de Zapateros, Rosario
  • Casa del Pueblo, Rosario
  • Centro de Estudios Sociales, Rosario
  • Grupo de Libre Pensadores, Rosario
  • Grupo “Las Proletarias”, Rosario
  • Grupo Anticlerical, Rosario
  • Grupo “La Venganza Será Terrible”, Rosario
  • Sociedad de Estivadores del Puerto, Bahía Blanca

Todas estas colectividades obreiras na Arxentina fixeron notas de protesta e aportaron cantidades para a solidariedade coas vítimas, xunto con individuos ou grupos informais de traballadores e traballadoras, como recollen as notas do Comité.

Salienta especialmente a celebración de mítines, como o que tivo lugar en Rosario, coa participación da anarcofeminista Virgina Bolten, en setembro de 1901, ou a xornada organizada por “El Provenir Social” en Buenos Aires:


Os exemplares de La Protesta Humana citados e os fragmentos reproducidos das súas páxinas poden ser consultados en:

  • CeDinCi – Centro de Documentación e Investigación de la Cultura de Izquierdas



Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”