Como ven facendo dende o ano 2017, o colectivo Refuxios da Memoria da Coruña organiza hoxe, 10 de xullo, unha nova edición do Día das Mapoulas Libertarias có obxectivo de recuperar e reivindicar a memoria dun grupo de veciñas dos barrios coruñeses das Atochas e Monte Alto, un grupo de mulleres anarquistas que foron asasinadas, encadeadas, perseguidas e represaliadas por tecer unha rede de casas-refuxio no que dar acubillo ás vítimas da represión trala sublevación militar fascista de 1936. Esta rede foi desartellada o 10 de xullo de 1937 nun asalto policial das autoridades franquistas na que moitas perderon a vida.










Deixar un comentario