Entre os fondos da nosa Biblioteca e Arquivo obreiro Aurora temos diferentes obras que permiten achegarse á figura do militante anarcosindicalista Salvador Seguí, para complementar a proxección do documental “Salvador Seguí, historia dun anarcosindicalista” do vindeiro venres, 21 de novembro.
Aquí unha pequena escolma:



“El sindicalismo en Cataluña”, por Ángel Pestaña e Salvador Seguí. Reúne os textos de dúas conferencias impartidas en Madrid, o día 4 de outubro de 1919, que foron tomados taquigráficamente. Conta ademáis cun prólogo a cargo de Enric Olivé i Serret, e contén o texto da conferencia “El terrorismo en Barcelona”, de Angel Pestaña, seguido de Principios, Medios y Fines del Sindicalismo Comunista. Este libro pertence á Pequeña Biblioteca Calam’s Scriptorius. Foi editada en Barcelona e Palma de Mallorca, en 1978
“Escuela de Rebeldía”, por Salvador Seguí. Texto sobre a vida do militante Juan Antonio Pérez Maldonado. Editado polo Secretariado Permanente da CGT, en Madrid, abril de 2004.
“Salvador Seguí “El noi del sucre” – materiales para una biografía”, por J.M. Huertas Clavería. Libro da colección “Primero de Mayo”, có nº7. Editado por Editorial Laia, en Barcelona, en 1976.
“El noi del sucre, militante obrero solidario e internacionalista”, por Rodrigo Lastra (membro do Movemento Cultural Cristiano). En formato cuadernillo, có número 567, foi editado por Ediciones Voz de los sin Voz, en Madrid, en 2009.
“Salvador Seguí Rubinat, el Noi del Sucre. Antología”, por Salvador Seguí. Reúne una antoloxía de textos de e sobre Salvador Seguí, que foi editada pola CGT e maila Fundación Salvador Seguí, en Barcelona, en 2023
“Salvador Seguí, el hombre que caminó sobre la utopía”, por Moisés Mato (de Teatro del abrazo) có texto do monólogo sobre a figura de Salvador Seguí que foi posto en escena en diferentes localidades o ano 2023, polo
aniversario do seu asasinato. Con prólogo de Heleno Saña, conta tamén cunha biografía de Seguí a cargo de Rodrigo Lastra. Editado por Arte Acción Ediciones, en Madrid, en 2023.
“El universo de Salvador Seguí. Centenario de su asesinato 1923-2023”, guía da exposición organizada pola CGT e a Fundación Salvador Seguí na Cárcel Modelo de Barcelona o 10 de marzo de 2023 e que logo visitou distintas localidades. Os textos son de Cristina Escrivá e Rafael Maestre.
Editada pola CGT e a Fundación Salvador Seguí, en Barcelona, en 2023








