[Biblioteca] Novas incorporacións: dúas novelas de Luis Camarero

Incorporamos aos fondos da Biblioteca e Arquivo obreiro “Aurora” dúas novelas do compañeiro Luis Camarero Lázaro, traballador postal e militante da CGT de Menorca.

Na súa primeira novela, “Carracárdaba”, acompañamos ao preso Gordiano Arroyo dende o seu traslado á cadea de Menorca, nuns escenarios, descritos con pluma neorrealista, que lembraban a Ramón J. Sender no “Requiem por un campesino español”, ou a “La familia de Pascual Duarte” de Camilo J. Cela. Condenado aos 17 años por un asasinato que non cometeu e vivimos con el desde a prisión os tempos da dictadura de Primo de Rivera. Privado de liberdade, vivirá encerrado a proclamación da II República e o estoupido da guerra civil.

En “Todo lo que somos”, a súa segunda obra, con ecos que resoan a Luis Martín-Santos en “Tiempo de silencio” ou de “La forja de un rebelde” de Arturo Barea, revivimos un tempo de portas pechadas en cadeas cotiás de paredes invisibles, feitas de esperanzas frustradas e de cruces de camiños que non levan a ningures: a chamada transición á democracia. E farémolo da man de Alberto Martín, un psicólogo madrileño e logo traballador da banca na Coruña, entre os anos 1971 e 1987, pero tamén dos seus pacientes e dos seus clientes da entidade bancaria.

Ambas obras están editadas por Ses Voltes, editorial de Acracia Asociación Cultural de Ciutadella de Menorca: a primeira novela, na súa segunda edición, en xullo do ano 2022; e a segunda novela, en xuño de 2024.




qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”