[Biblioteca] Últimos números da revista Libre Pensamiento, dedicados á memoria libertaria

Incorporamos aos fondos da nosa Biblioteca e Arquivo obreiro Aurora, os últimos números da revista Libre Pensamiento, que edita a CGT:

O nº 122 da revista, titulado “50 anos sin Cipriano Mera”, correspondente a0 verán de 2025, está dedicado á figura e a traxectoria do milintante anarcosindicalista Cipriano Mera, ao se cumprir 50 anos do seu pasamento en Francia. O dosier foi coordinado por Francisco Romero e elaborado por compañeiros e compañeiras da Fundación Salvador Seguí, e constitúe unha análise da súa figura e traxectoria, pero tamén do contexto histórico e as circunstancias do momento no que lle tocou vivir.


O nº123 da revista, titulado 50 años de impunidad… ni uno más correspondente ao outono de 2025, cun dosier coordinado por Joan Pinyana Mormeneo, de Memoria Libertaria – CGT, está dedicado á resistencia libertaria contra a ditadura xurdida trala sublevación fascista de 1936, cando se cumpren 50 anos da morte do ditador (1975-2025). Cos artigos que forman parte do mesmo, recuperamos a historia da loita antifranquista do movemento libertario e a loita contra a impunidade do franquismo.




qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”