Manifesto “50 anos de impunidade… nin un máis” – Memoria Libertaria-CGT

CONCIENCIA DE CLASE, CONCIENCIA ANTIFASCISTA

 A chama libertaria en loita permanente por extirpar o franquismo.

Compañeiras, compañeiros,

Novembro de 2025. Chega o 20N, e con el, as lembranzas do pasado. Uns, tristes e agridulces, máis de respecto e amor fraterno. Outros de rabia e dor contra quen tanto dano fixo, o maldito xenocida ditador. Lembranzas, memoria, e esperanza.

Era un 20 de novembro de 1936, na defensa de Madrid, caía Buenaventura, á fronte da columna có seu nome. Marchábasenos Durruti. Pasaron 89 anos, mais a súa lembranza e o de milleiros de persoas que loitaron pola Liberdade, pervive, segue vivo en nós. Actualizamos aos nosos días, os seus proxectos, ideas e accións, adaptándoos a este tempo novo, tecnolóxico e individualista. Moitos seguen vixentes e aínda non resoltos, como a loita pola igualdade real, as loitas por erradicar as inxustizas e as pobrezas neste mundo, a paz mundial…Por todo isto, neste 20N honramos e sentímonos orgullosas deste legado libertario, e vivas.

Pero tamén hai un 20N da ignominia, de dor colectiva e a rabia. O 20 de novembro de 1975, no que o xenocida ditador morría, matando e fusilando ata os seus derradeiros días, coas cadeas cheas e un exilio permanente que viña desde 1936. Todas chorabamos de ledicia pola súa morte: as aboas, as nais, as esposas e fillas da represión franquista, as irmás que seguían con medo e silencio. Moitos anos tiña o holocausto español. Abríase un período de esperanza coa súa desexada morte. Caeran nas rúas e montes tantos e tantas loitadoras antifranquistas, que nos tiñan roubado tamén o recordo desa loita. Había que reconstruílo todo, comezar de cero e os reaccionarios do réxime quería aquelo do “atado y bien atado”. Mantivéronse en todos os espazos de poder público, privado e social, ata hoxe mesmo. E debemos de desatar aquel maldito legado. É preciso para construír e transformar.  

Para as xentes do Movemento Libertario e da CGT, “a militancia e acción antifascista e antifranquista, non é unha opción, é unha obriga”, máis aínda nos tempos actuais, nos que crece e expándense as mensaxes racistas, homófobas e fascistas de formacións herdeiras daquel réxime ditatorial e autoritario. E chegan á nosa xuventude, que nalgúns casos acólleos como necesarios, para salvar a esa patria, a esa sociedade que queren crear con aquel ideario de discriminación, exclusión e represión ao diferente, á pluralidade social e ao proletariado, as de abaixo, fomentando máis aínda a miseria, a pobreza e a desigualdade social. A nosa inacción, o noso silencio, fainos cómplices do crecemento fascista. Nin un paso atrás, compañeiras!  



qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”