[Biblioteca] No 25N, algúns fondos da Biblioteca sobre loita pola erradicación da violencia contra as mulleres

Hoxe, con motivo do 25N, día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, compartimos referencia dalgúns dos fondos que temos na Biblioteca e Arquivo Obreiro “Aurora” e que poden chamar á reflexión e á acción nun día como hoxe:

Violencias cotidianas, violencia de género“, de Susana Velázquez, editado por Paidós, en Buenos Aires (2003). Propón unha reflexión crítica sobre a violencia exercida contra as mulleres, describindo as diferentes violencias e os seus efectos, contando con testemuñas de mulleres vítimas de distintas formas de violencia.

“Feminismo anticarcelario: el cuerpo como resistencia”, de Alicia Alonso Merino, editado por Zambra e Baladre, coa colaboración de Libros en Acción e CGT, en abril de 2023. Unha reflexión sobre a orixe e a historia do castigo ante a insubordinación á autoridade patriarcal e os roles sociais, que se ceba nas mulleres.

Las mujeres en el anarquismo español (1869-1939)“, de Gloria Espigado, editado por La Neurosis o Las Barricadas Ed., en Madrid (2015). Un achegamento ao análise doas cuestións de xénero nas ideas e mailas prácticas políticas e sindicais da historia do movemento obreiro, rescatando do esquecemento os nomes de mulleres libertarias que loitaron contra as formas de dominación patriarcais.

Mujeres libertarias de Zaragoza. El feminismo anarquista en la transición“, de Laura Vicente, editado por Calumnia en 2017. Retrato da aparición na época da transición de grupos de Mujeres Libres ou Mujeres Libertarias en diferentes lugares, có mesmo obxectivo de vencellarse coa tradición do feminismo anarquista anterior á ditadura, e singularmente do grupo de Zaragoza.

La causa de las mujeres“, de Gisèle Halimi, abogada e militante pola liberación da muller, editado por FRA en México no ano 1976. Trátase de, como di a propia contraportada: “un libro de combate y una intervención política, apoyado en hechos, cifras y textos”.

Historia de la emancipación femenina“, de L. Capezzuoli e G. Cappabianca, editado en Madrid por Miguel Castellote editor, en 1973. Traza un panorama do desenvolvemento histórido do movemento feminista, dos seus vencellos có movemento obreiro e o socialismo e os seus logros.




qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”