Incorporamos á nosa Biblioteca e Arquivo Obreiro esta obra de investigación de Belén López Cillero sobre o Patronato de Protección a la Mujer e a súa Junta Provincial coruñesa, no que descubre o terrible actuar desta estrutura franquista que funcionou legalmente entre 1941 e 1985.
Este libro é o froito de anos de indagación e procura de información en numerosos archivos por todo o estado español, a pesar das numerosas trabas, co obxectivo de destapar o inferno de maltratos e opresión brutal que sufriron centos de nenas e mulleres durante o seu internamento nos cinco establecementos correccionales cos que o franquismo contou na provincia coruñesa e que seguiron actuando ata o ano 1993, 18 anos despois da morte do ditador.


Un deses centros de opresión do Patronato na Coruña estaba localizado non lonxe das nosas instalacións na Agra do Orzán.
Era o Colexio e Residencia de relixiosas Adoratrices no cruce da rúa de Gregorio Hernández coa rúa de Gil Vicente, fonte á Cidade Xardín coruñesa.
.. fagamos que a nosa memoria non deixe na impunidade todo o dano que fixeron.
























