Hai xa 17 anos que Rojo y Negro, o voceiro da CGT, ven publicando en cada un dos seus números, as tiras cómicas de Manolito Rastamán. Protagonizadas en solitario nun principio por Gregario, unha personaxe que pretende retratar á militancia confederal, foron engadíndose novas personaxes. Ahora chega a terceira recopilación dos cómics que se foron publicando nos últimos anos baixo o título “Gregaries, okupas & prekaries”.
Incorporamos aos fondos da nosa Biblioteca e Arquivo Obreiro Aurora esta obra, que foi editada polo SP do Comité Confederal da CGT, no presente ano 2025.








