[Biblioteca] Nova incorporación: “Los fugados del fuerte de Ezkaba”, de Fermín Ezkieta Yaben

O 22 de maio de 1938 preto de 800 antifascistas presos no penal de San Cristobal no monte Ezkeba iniciaban a maior fuga deste tipo en Europa. Procedentes de diferentes partes do estado español (55 deles eran galegos), e moitos eran militantes confederais. Como anécdota, nos preparativos da fuga, para evitar “chivatazos”, algúns dos organizadores utilizaban para comunicarse o esperanto.

Finalmente, só 3 deles conseguirían chegar a Francia e regresar á zona republicana. O resto foron capturados, abatidos nos montes (un total de 206, en diferentes puntos da montaña navarra) e 14 son fusilados baixo a acusación de seren os promotores da fuga. Dos capturados, 45 morreron nos seguintes 5 anos polas penalidades e brutalidade de que eran vítimas no penal.

Esta historia, moi descoñecida, é recollida logo dunha intensa e minuciosa investigación por Fermín Ezkieta Yaben. Esta tarefa investigadora foi recollida en 2013 na primeira edición desta obra, que agora vai xa pola 5ª edición revisada, na que aporta novos datos e fontes, nunha coidada edición a cargo da editorial Pamiela. Unha cita do poeta Luis Rosales, que aparece recollida no libro, ilustra á perfección o obxectivo da obra: Iluminar estancias del pasado hasta dejar la casa encendida.

Incorporamos esta obra á nosa Biblioteca e Arquivo Obreiro “Aurora” e deixamos a ligazón á web que recolle este episodio que compre lembrar:

https://www.losfugadosdeezkaba1938.com/




Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”