[Cineforum Aurora] “Dentro da revolución”: 6 de febreiro, ás 19 horas

O vindeiro venres, 6 de febreiro de 2026, comezamos unha nova actividade, o Cineforum Aurora, cun ciclo titulado “Cine e movemento obreiro” con distintas proxeccións de filmes relacionados co movemento obreiro e coloquios, cunha periodicidade mensual, e que terán lugar no Salón de Actos da Casa Sindical da CGT da Coruña (Entrepeñas, 6).

O venres, 6 de febreiro, ás 19:00 horas, arrancamos o ciclo coa proxección e coloquio sobre o filme documental “Dentro da revolución” (Inside the revolution), obra de David Hart en 1983, creado para facer parte da serie documental Spanish Civil War de Granada Television, no seu quinto episodio.




qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”