Club de lectura AURORA 📖
No Ateneo Aurora fáinos moita ilusión convidarte ao noso Club de Lectura Aurora – Libros na Veciñanza, un espazo para descubrir historias, compartir emocións e gozar da maxia da literatura.
Atoparémonos o último xoves de cada mes, a partir de marzo, ás 19:30, na rúa Entrepeñas, 6, A Coruña. Será un momento para intercambiar ideas, comentar impresións e desfrutar da compañía de quen xa ama os libros… ou de quen quere achegarse a eles por primeira vez.

Se queres participar en todas as sesións ou só nalgunha, escríbenos a ateneoaurora@gmail.com; é moi sinxelo.
Estes son os títulos que nos acompañarán:
- 26 de marzo: Nada, de Carmen Laforet
- 30 de abril: As Rulas de Bakunin, de Antón Riveiro Coello
- 28 de maio: Tea Rooms: Mujeres obreras, de Luisa Carnés
Anímate a formar parte de comunidade lectora Aurora.
Comezamos as lecturas no noso club con Nada de Carmen Laforet. Unha novela existencialista que narra a chegada dunha muller nova, Andrea, á Barcelona da posguerra. Un premiado retrato en primeira persoa do mundo gris e empobrecido dos primeiros anos do franquismo.
A TERTULIA sobre esta obra será o 26 de marzo, ás 19:30










Deixar un comentario