A CGT DA CORUÑA E O ATENEO AURORA LEMBRAN ÁS VÍTIMAS DO PATRONATO DE PROTECCIÓN DE LA MUJER NAS VÉSPERAS DO 8M

O xoves 5 de marzo, ás 19:00 horas, terá lugar  un acto de lembranza no lugar onde estaba un dos centros do Patronato, e ás 19:30 terá lugar unha mesa redonda con mulleres vítimas desta institución e maila investigadora Belén López Cillero, no salón de actos da Casa Sindical da CGT na Coruña.

A Confederación Xeral do Traballo (CGT) da Coruña en colaboración co Ateneo Aurora celebrará un acto de lembranza ás nenas e mulleres vítimas da institución franquista Patronato de Protección de la Mujer nas vésperas das xornadas de reivindicación e loita con motivo do 8M, día da muller traballadora.

O Patronato de Protección de la Mujer foi unha institución franquista que funcionou legalmente entre 1941 e 1985 como ferramenta represiva contra nenas e mulleres. No barrio da Agra do Orzán, a Junta Provincial coruñesa deste organismo contaba cun don cinco centros correccionais que operaron na Coruña. Neste caso, o centro estaba a cargo de relixiosas da orde das Adoratrices nun colexio-residencia localizado no actual cruce das rúas Gregorio Hernández e Gil Vicente.

Neste lugar terá lugar ás 19 horas un acto de lembranza das mulleres vítimas desta institución franquista, coa colocación simbólica dunha placa en memoria das vítimas no lugar onde estivo este centro.

De seguido, a partir das 19:30 horas, o Salón de Actos da CGT da Coruña (Entrepeñas, 6) acollerá unha mesa redonda que contará coa intervención da investigadora Belén Lopez Cillero e as testemuñas de Loli G. Benito, Paca Blanco Díaz e Consuelo García del Cid, tres mulleres que foron vítimas desta terrible institución que operou no estado español ata moito despois da morte do ditador.

A CGT da Coruña e o Ateneo Aurora chaman á veciñanza a asistir aos actos convocados co obxectivo de que non fique na impunidade e no esquecemento todo o inferno de maltratos, abusos e opresión brutal á que foron sometidas moitas nenas e mulleres.




Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”