O vindeiro venres, 13 de marzo de 2026, temos unha nova cita no Cineforum Aurora, no marco do ciclo titulado “Cine e movemento obreiro”, coa proxección do filme O sal da terra, dirixido por Herbert Biberman en 1954.
Podes descargar a ficha desta sesión, premendo na seguinte ligazón: [Cineforum Aurora] O sal da terra (PDF)
A proxección e coloquio terá lugar no Salón de Actos da Casa Sindical da CGT da Coruña (Entrepeñas, 6) a partir das 19:00 horas.









