O xoves 26, primeira sesión do Club de Lectura con “Nada” de Carmen Laforet

Lembrade que o vindeiro xoves, 26 de marzo, ás 19:30 temos a primeira tertulia do noso Club de lectura AURORA – Lecturas na veciñanza, coa novela Nada, obra de Carmen Laforet.

Deixámosvos un pequeno fragmento da adaptación cinematográfica de Nada a cargo de Edgar Neville no ano 1947. A censura franquista impuxo tantos cortes que a cinta pasou dunha duración inicial de 110 minutos ata os 76 minutos da duración final. Cos 34 minutos censurados desapareceron as actuacións dalgúns dos actores (Felix Navarro, María Bru ou Rafael Bardem) e a meirande parte das escenas de exteriores rodadas na Barcelona da época.




Deixar un comentario

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”