Ateneo

Un pouco de Historia

Dende o século XIX, o movemento obreiro na Coruña promoveu multitude de iniciativas de caracter social, educativo e cultural.
Ateneos, centros sociais, bibliotecas, publicacións, escolas racionalistas, centros de formación de adultos, corais, grupos de teatro e poesía … espalláronse polos barrios da cidade ata seren cercenados pola sublevación fascista de 1936.

Unha desas iniciativas, a principios do século XX, foi a Biblioteca AURORA, promovida polo militante libertario Enrique Taboada, un dos obreiros detidos durante meses trala represión da folga xeral de maio de 1901.

Hoxe, no século XXI, recuperamos o seu nome, o seu espíritu de divulgación e coñecemento, a súa lembranza pero tamén o seu presente e o seu fururo, para a realización de actividades culturais e sociais a prol da formación e o lecer activo da clase traballadora coruñesa, na procura dun mundo máis xusto e igualitario.


Un dos principais proxectos do Ateneo Libertario AURORA é a posta en marcha da Biblioteca e Arquivo Obreiro AURORA cos fondos documentais e bibliográficos de diferentes entes confederais e de varios fondos particulares de militantes obreiros galegos.

Tralo proceso de catalogación e organización, contará con milleiros de documentos e libros vencellados ao movemento obreiro e as loitas populares, con especial atención ao anarcosindicalismo e o movemento libertario.


Espazo Web – Memoria Libertaria na Galiza

O Ateneo Libertario AURORA administra o espazo web memorialibertarianagaliza.org, creado en 2023 e concibido como un espazo virtual no que ir recollendo e publicando información a prol da recuperación, conservación e difusión da memoria histórica libertaria e a historia do movemento obreiro e as loitas populares desenvolvidas na Galiza ao longo dos anos.

Outros proxectos

  • Artellar e acoller conferencias, xornadas, seminarios e cursos, así como exposicións, concertos, proxección, presentacións de libros…
  • Crear espazos libres e autoxestionados para o desenvolvemento de actividades culturais e de lecer activo, participativo e alternativo.
  • Xerar redes de colaboración e afinidade con outras iniciativas similares no barrio, na Coruña, na Galiza e no resto de mundo
  • En definitiva, construirmos un espazo de autoxestión e apoio mútuo no camiño dunha sociedade libertaria

SOLICITUDE DE ALTA COMO SOCIA/O


qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”