Sen clasificar
-
Concerto de Salvador Amor – fotos

O Salón de Actos da Casa Sindical da CGT da Coruña acolleu no serán do día 18 de decembro de 2025 o concerto de Salvador Amor, que inauguraba as actuacións musicais que se irán desenvolvendo nos próximos tempos. Parte da obra discográfica de Salvador Amor e mailo seu pai, Rafael, pasan tamén a formar parte Continue reading
-
[Ateneo] Participa en AURORA
![[Ateneo] Participa en AURORA](https://memorialibertarianagaliza.org/wp-content/uploads/2025/12/socios-as.png?w=1024)
Queres ser socio/a do Ateneo Aurora? Queres recibir toda a información das nosas actividades e participar activamente no Ateneo? Queres colaborar coa organización e catalogación da Biblioteca e Arquivo Obreiro e no resto de actividades que estamos a preparar e desenvolver? Cubre o seguinte FORMULARIO DE SOLICITUDE DE ASOCIACIÓN Precisamos de todas as mans e Continue reading
-
18 de decembro: Concerto de Salvador Amor
O vindeiro 18 de decembro, xoves, temos concerto do cantautor Salvador Amor no Ateneo Aurora. Nado en Madrid, o 11 de setembro de 1980 en Madrid, Salvador Amor é porteño de adopción, fillo e neto de músicos, canta e toca a guitarra desde que ten memoria… e son xa máis de dúas décadas subido ao Continue reading
-
[Biblioteca] Nova incorporación: “Gregaries, okupas & prekaries” de Manolito Rastamán
![[Biblioteca] Nova incorporación: “Gregaries, okupas & prekaries” de Manolito Rastamán](https://memorialibertarianagaliza.org/wp-content/uploads/2025/11/gregaries-portada.jpg?w=1024)
Hai xa 17 anos que Rojo y Negro, o voceiro da CGT, ven publicando en cada un dos seus números, as tiras cómicas de Manolito Rastamán. Protagonizadas en solitario nun principio por Gregario, unha personaxe que pretende retratar á militancia confederal, foron engadíndose novas personaxes. Ahora chega a terceira recopilación dos cómics que se foron Continue reading
-
[Biblioteca] Nova incorporación: “Nacionalcatolicismo e patriarcado” de Belén López Cillero
![[Biblioteca] Nova incorporación: “Nacionalcatolicismo e patriarcado” de Belén López Cillero](https://memorialibertarianagaliza.org/wp-content/uploads/2025/11/aurora-lopez-cillero-patronato-1.jpeg?w=1024)
Incorporamos á nosa Biblioteca e Arquivo Obreiro esta obra de investigación de Belén López Cillero sobre o Patronato de Protección a la Mujer e a súa Junta Provincial coruñesa, no que descubre o terrible actuar desta estrutura franquista que funcionou legalmente entre 1941 e 1985. Este libro é o froito de anos de indagación e Continue reading
-
[Biblioteca] No 25N, algúns fondos da Biblioteca sobre loita pola erradicación da violencia contra as mulleres
![[Biblioteca] No 25N, algúns fondos da Biblioteca sobre loita pola erradicación da violencia contra as mulleres](https://memorialibertarianagaliza.org/wp-content/uploads/2025/11/portadas-25n2025-5.jpg.jpeg?w=1024)
Hoxe, con motivo do 25N, día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, compartimos referencia dalgúns dos fondos que temos na Biblioteca e Arquivo Obreiro “Aurora” e que poden chamar á reflexión e á acción nun día como hoxe: “Violencias cotidianas, violencia de género“, de Susana Velázquez, editado por Paidós, en Buenos Aires (2003). Continue reading
-
[Ateneo] Galería de imaxes da proxección do documental sobre Salvador Seguí (21 de novembro)
![[Ateneo] Galería de imaxes da proxección do documental sobre Salvador Seguí (21 de novembro)](https://memorialibertarianagaliza.org/wp-content/uploads/2025/11/documentario-salvador-segui-2025.jpg?w=1024)
O pasado venres, 21 de novembro de 2025 tivo lugar no salón de actos da Casa Sindical da CGT da Coruña, a proxección do documental “Salvador Seguí: historia dun anarcosindicalista”. Continue reading
-
[Memoria – La Campana] Carlos Tresca, “Retrato de un rebelde”
![[Memoria – La Campana] Carlos Tresca, “Retrato de un rebelde”](https://memorialibertarianagaliza.org/wp-content/uploads/2025/11/lacampana-cabecera.jpg?w=1024)
Ao longo dos últimos tres números do semanario La Campana de Pontevedra, o compañeiro M. Genofonte lévanos polas lembranzas de Carlos Tresca, anarquista italiano emigrado a norteamérica e que foi asasinado en 1943. O retrato deste rebelde foi recollido da obra de Nunzio Pernicone quen ordena e publica en 2005 as notas autobiografías de Carlo Continue reading
-
[Ateneo] Galería de imaxes da presentación de “Todo lo que somos”, de Luis Camarero
![[Ateneo] Galería de imaxes da presentación de “Todo lo que somos”, de Luis Camarero](https://memorialibertarianagaliza.org/wp-content/uploads/2025/11/l-camarero-2025.jpeg?w=1024)
O compañeiro Luis Camarero Lázaro presentou na Coruña a súa obra “Todo lo que somos” o pasado 7 de novembro de 2025: Continue reading
-
[Biblioteca] Últimos números da revista Libre Pensamiento, dedicados á memoria libertaria
![[Biblioteca] Últimos números da revista Libre Pensamiento, dedicados á memoria libertaria](https://memorialibertarianagaliza.org/wp-content/uploads/2025/11/foto-destacada-lp2025.jpg?w=1024)
Incorporamos aos fondos da nosa Biblioteca e Arquivo obreiro Aurora, os últimos números da revista Libre Pensamiento, que edita a CGT: O nº 122 da revista, titulado “50 anos sin Cipriano Mera”, correspondente a0 verán de 2025, está dedicado á figura e a traxectoria do milintante anarcosindicalista Cipriano Mera, ao se cumprir 50 anos do Continue reading
qué é isto?
Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.
Artigos recentes
Newsletter
A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911


Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”

