100 anos do incendio da fábrica de blusas Triangle

O pasado venres conmemorouse o centésimo aniversario do incendio da fábrica Triangle Shirtwaist Factory, o accidente laboral con maior número de vítimas na historia da cidade de Nova Iorque e un momento fundamental para o movemento dos traballadores en Estados Unidos.
O 25 de marzo de 1911, 146 traballadores da industria textil, na súa maioría mulleres inmigrantes e novas, morreron nun incendio na fábrica. Moitas delas morreron ao se tirar polas fiestras, xa que ao tentar fuxir, atopáronse as saídas de emerxencia pechadas. “Vin xente tirándose pola fiestra. En canto baixamos non puidemos sair porque non paraban de caer corpos”, explica a última sobrevivinte do incendio nunha entrevista concedida en 1986 a Amy Goodman. Privados de calquera dereito de negociación colectiva, os traballadores de Triangle non podían facer nada para cambiar as condiciónes inhumanas da fábrica: ventilación inadecuada, ausencia de precaucións de seguridade e simulacros de incendio, e portas pechadas.

Mais información en: Rojo y Negro Digital



Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”