O vindeiro venres, 8 de abril ás 20:30 horas, na Domus da cidade da Coruña, terá lugar a estrea do filme “As silenciadas”. Esta obra de Pablo Ces é un documental que recolle, a partir dunha investigación de catro anos da profesora Aurora Marco, a historia das mulleres guerrilleiras.
As silenciadas é un documental histórico que recupera historias de vida, inseridas no seu contexto, de numerosas mulleres que andaron na clandestinidade ou apoiaron desde a chaira o movemento guerrilleiro. Por defendelo, foron duramente represaliadas: morte, cárcere, tortura física e psicolóxica, exilio… O seu papel foi fundamental na supervivencia deste movemento de resistencia e compre coñecelo.
O acto consistirá nunha breve presentación, a actuación dos músicos que crearon a banda sonora: Pilo Sierra, Xacobe Lamas e Kiko Reimúndez, e a proxección do documental.
Estrea do filme documental "As silenciadas" na Coruña
A entrada é de balde ate completar o aforo.
Mais información: “As silenciadas” en GaliciaHoxe
qué é isto?
Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.
Artigos recentes
- [Cinefórum Aurora] “O cine libertario: cando as películas fan historia”: 8 de maio, ás 19 horas
- [Ateneo] Boletín Aurora – abril de 2026
- O xoves 30 de abril, nova sesión do Club de Lectura con “As rulas de Bakunin” de Antón Riveiro Coello
- 19 de abril: En lembranza da folga das misteiras.
- [Cinefórum Aurora] “Pan e rosas”: 10 de abril, ás 19 horas
Newsletter
A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911


Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”


Deixar un comentario