O pasado venres remataban os traballos de exhumación na fosa común do cemiterio de Bertoa – Carballo (A Coruña) logo de terse atopado os restos de catro asasinados en 1936 dos que falabamos en “A Igrexa pon atrancos á exhumación das “Vítimas de Bértoa”.
A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica ten desenvolvido estes traballos de exhumación na procura dos restos de Francisco Miguel, Juan Boedo, Pedro Pinilla e Andrés Pinilla, que foron “paseados” o 29 de setembro de 1936.
Os corpos foron atopados onde relataban as testemuñas, con evidencias de morte con violencia e con ata cinco balas nun dos corpos. Os restos das “Vítimas de Bertoa” serán trasladadas pola ARMH a un laboratorio de Ponferrada para confirmar a súa identificación.
Imaxe: “Pra que ergan o puño !…” do album “Atila en Galicia” de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, editado en xullo de 1937 en Valencia, polo Comité Nacional da Confederación Nacional do Traballo (CNT).









Deixar un comentario