Atopados os restos das “Vítimas de Bertoa”, asasinados en 1936

O pasado venres remataban os traballos de exhumación na fosa común do cemiterio de Bertoa – Carballo (A Coruña) logo de terse atopado os restos de catro asasinados en 1936 dos que falabamos en “A Igrexa pon atrancos á exhumación das “Vítimas de Bértoa”.

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica ten desenvolvido estes traballos de exhumación na procura dos restos de Francisco Miguel, Juan Boedo, Pedro Pinilla e Andrés Pinilla, que foron “paseados” o 29 de setembro de 1936.

Os corpos foron atopados onde relataban as testemuñas, con evidencias de morte con violencia e con ata cinco balas nun dos corpos. Os restos das “Vítimas de Bertoa” serán trasladadas pola ARMH a un laboratorio de Ponferrada para confirmar a súa identificación.


Imaxe: “Pra que ergan o puño !…” do album “Atila en Galicia” de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, editado en xullo de 1937 en Valencia, polo Comité Nacional da Confederación Nacional do Traballo (CNT).



One response to “Atopados os restos das “Vítimas de Bertoa”, asasinados en 1936”

  1. […] e logo fusilado en Carballo. A ARMH no ano 2023, pese as dificultades e trabas, logrou abrir a fosa no cemiterio de Bertoa para atopar e exhumar os cadáveres de Juan Boedo, Andrés Pinlla e Pedro Pinilla, xunto cós […]

    Gústame

Deixa unha resposta a [Biblioteca] Nova incorporación: “Diarios” (1938-1945) de Syra Alonso – MEMORIA LIBERTARIA NA GALIZA Cancelar a resposta

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”