Valdeorras, terra de motíns no paso do século XIX ao XX (III)

Malia uns tímidos comezos da industrialización nas décadas anteriores, debido á chegada do ferrocarril e á mineiría principalmente, a principios do século XX, a comarca de Valdeorras era fundamentalmente agraria de gandeira, sendo gran parte da súa poboación sinaladamente dependente do cultivo da vide e maila producción vinícola.

Sen embargo, no ano 1882, unha praga, a filoxera, invadiu tamén os viñedos de Valdeorras, destruíndo máis de 1.000 hectáreas en poucos anos. Así o recolle o xornal El Eco de Galicia, no seu exemplar de 23 de xullo de 1890:

El Eco de Galicia diario de la tarde – Num 1241 – 23 de xuño de 1890

En novembro dese mesmo ano de 1890, nunha exposición veciñal ao goberno, solicítase por tal motivo a exención de impostos, como recolle o xornal lucense El Regional nun anuario de novas publicado no exemplar do 20 de febreiro de 1891

El regional diario de Lugo – Nº 2449 – 20 de febreiro de 1891


A pobreza é xeralizada e a situación agrávase, como noutras cidades e vilas da Galiza (ver as entradas “O “Motín dos Consumos”, na Coruña, en 1886” neste mesmo espazo web), co cobro do Imposto de Consumos, que gravaba os bens de primeira necesidade e que habitualmente era arrendado polos municipios a empresarios sen escrúpulos, sumado a outras cargas e impostos que obrigan as clases populares a caer nos empréstitos que, con usura, acaban por endebedar irremediablemente ás familias.

A situación é terrible, e así o recolle a propia prensa da época, como no xornal lucense El Eco de Galicia, no seu exemplar do 31 de xaneiro de 1888:

El Eco de Galicia diario de la tarde – Nº 548 – 31 de xaneiro de 1888


As protestas contra este gravamen e outros semellantes, imposibles de satisfacer, que endebedaban ás familias labregas ata facerlles perder as súas poucas propiedades e ser desafiuzados das súas vivendas polo cobro das débedas en vía de apremio, comezaron xa a finais do século XIX.

Temos novas de concentracións en Xagoaza, Pobra, Castro, Vilanova, Viloira, O Barco, … todas elas da comarca de Valdeorras.

El Correo – Ano XII – Nº 4205 – 16 de outubro de 1891

Mais, parece que nen sequera coa incautación de propiedades en vía de apremio era vencida a resistencia popular ao cobro duns tributos que deixaba ao pobo en aínda máis situación de miseria e necesidade:

El lucense diario católico de la tarde – Nº 4263 – 11 de abril de 1899


Como temos visto en anteriores entradas de Memoria Libertaria na Galiza (ver as entradas “O “Motín dos Consumos”, na Coruña, en 1886” neste mesmo espazo web), as protestas e motíns contra este imposto foron desenvolvéndose en moitas cidades e vilas galegas. Por exemplo, en 1891, en Rairiz de Veiga, preto de Xinzo de Limia, como recolle o xornal La Monarquía, no seu exemplar de 5 de decembro de 1891:

De feito, no ano 1892, prodúcese un motín na propia cidade de Ourense, que será obxecto dunha entrada propia este espazo web, que aparece así recollida na prensa:

La Correspondencia de España: diario universal de noticias – Ano XLIII – Nº12578 – 13 de setembro de 1892, recollendo informacións do xornal ourensán El Eco do día anterior, 12 de setembro.


As protestas populares van estendéndose pola provincia enteira, como vemos no caso de Ribadavia, en 1895:

El Diario de Galicia: periódico católico e independiente – Ano V – Nº 1276 – 27 de xullo de 1895


En Valdeorras, a situación empeora tras unhas importantes tormentas e inundacións que teñen lugar no ano 1895 e a poboación continúa a resistir na negativa ao pago dos tributos.

Nalgunhas aldeas e pobos os axentes de cobro dos impostos municipais son rexeitados polos labregos co uso da forza:

El Eco de Navarra (antes de Pamplona). Periódico liberal y defensor de los intereses de la misma – Época Segunda – Ano XXII – Nº 5677 – 19 de xullo de 1896


Ao ano seguinte, a totalidade da corporación municipal de O Barco amenaza con presentar a súa dimisión de non recibir tropas para vencer a resistencia do pobo e lograr cobrar o imposto, como recolle o xornal El Eco de Santiago, no seu exemplar de 23 de decembro de 1896:


Esta demanda de “fuerza armada” é finalmente atendida pola autoridades militares, como recolle o xornal La Correspondencia de España nun pequeno breve do seu exemplar de 22 de xullo de 1897:

La Correspondencia de España : diario universal de noticias – Ao XLVIII – Nº 14412 – 22 de xullo de 1897


Tamén o semanario Follas Novas faise eco da chegada a Valdeorras de novos axentes (delegados de apremio) que acompañados de forzas represivas estarán encargados de facer efectivo o cobro dos tributos:

Follas Novas: semanario gallego – Ano I – Nº 25 – 21 de novembro 1897


Sen embargo, nen a presencia de forzas armadas e Garda civil impiden que os homes e mulleres continúen a enfrontar a pobreza con resistencia:

El norte de Galicia: diario político y de información (Lugo) – Nº 149 – 31 de xullo de 1901


Así as cousas, era doado de supor que a situación acabaría nun novo motín popular e na conseguinte represión a mans do exército.

E tal feito sucede no pequeno pobo de Mones, no concello de Petín, no último día de xaneiro de 1902:

El norte de Galicia : diario político y de información (Lugo) – Nº 250 – 01 de febreiro de 1902


Os feitos acontecidos o 31 de xaneiro de 1902 en Mones, serán obxecto da seguinte e última entrada desta serie “Valdeorras, terra de motíns no paso do século XIX ao XX”




Unha resposta a “Valdeorras, terra de motíns no paso do século XIX ao XX (III)”

  1. […] que foramos quen de escoitar o barullo, dende os motíns do século XIX ata hoxe, as xentes desta comarca foron marchando e baleiráronse as aldeas e os pobos. Co paso dos […]

    Gústame

Deixa unha resposta a Lume – Liberalias Cancelar a resposta

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”