O 1º de maio de 1905 na Coruña

Hai 120 anos, a clase obreira coruñesa conmemoraba o 1º de maio cun mitin celebrado pola mañá no Teatro Principal (desde 1909 coa denominación actual de Teatro Rosalía de Castro) e unha velada pola tarde no Teatro Circo Emilia Pardo Bazán, que estaba construido na Marina.

No mitin participaron como oradores José Rodríguez Romero e Abelardo Saavedra de Toro, sinalados propagandistas libertarios, que foron convidados polas sociedades obeiras coruñesas, sufragando os gastos da súa participación no acto.

José Rodríguez Romero era director do xornal anarquista El obrero moderno que víñase publicando dende 1901 en Murcia. Posteriormente faría parte no comité de folga da Semana Tráxica de Barcelona (xullo de 1909) tendo que marchar ao exilió en Francia. Pola súa banda, Abelardo Saavedra era mestre e fundador de numerosas escolas racionalistas en Andalucía, e foi un dos responsables do semanario “Tierra y Libertad”.

O xornal El Noroeste recollía o anuncio do acto nas páxinas do seu exemplar de 30 de abril de 1905:

Tamén La Voz de Galicia, no seu exemplar de 29 de abril de 1905, publicaba o anuncio do acto e a presencia na cidade dos oradores convidados:

Ambos xornais coruñeses, maís tamén algún outro medio galego, fixéronse eco do mitin no Teatro Circo, nos exemplares do día seguinte, o 2 de maio de 1905.

Así, El Noroeste facía unha crónica do acto celebrado polos traballadores e traballadoras coruñesas, salientando as intervencións dos oradores convidados:

Pola súa banda, La Voz de Galicia facía unha crónica máis extensa, recollendo tamén as intervencións doutros dos oradores do mitin:


Tamén o xornal de Compostela, El Eco de Santiago recolleu no seu exemplar de 2 de maio de 1905, unha brevísima crónica do acto obreiro na Coruña:




Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”