Deixáramos na entrada anterior ás nosas protagonistas, as misteiras coruñesas, participando da reorganización das sociedades obreiras na cidade logo do temporal represor que continuou á Folga Xeral de 1901.
Ao ano seguinte da folga da fábrica en abril e maio de 1901, e preto do aniversario da folga xeral e a súa brutal represión, na celebración do 1º de maio de 1902 xa podemos atopar as distintas sociedades obreiras da FLO funcionando, incluíndo a Sociedade de Oficios Varios. E alí de novo estaban as misteiras.

Esta organización obreira permite que, fronte ao despedimento de oito traballadoras da factoría, o abuso empresarial sexa contestado coa loita obreira para impedilo.


Dous anos antes do final do réxime vixente de arrendo do monopolio estatal ao Gremio de Fabricantes de Cerillas no final da primavera de 1906, comezaba a falarse de peche da factoría, mesmo na prensa, e o 9 de xuño de 1906, as lapas devoran a fábrica.


A primeira plana do xornal La Voz de Galicia do día seguinte aparece case totalmente dedicada ao incendio.




O incendio deixará ás traballadoras durante meses sen salarios, mentres os donos recuperaban folgos coas pólizas de seguros, desfrutaban das augas de Mondariz, como adoitaban facer Gerónima Arambillet e as súas irmás, ou apostaban por novas aventuras empresariais, como unha compañía de nova creación para o procesado do peixe (salazón, conservas, bacalao…), e facían circular rumores interesados, de peches ou reaperturas, no medio do xogo político-empresarial de presións de cara ao cambio de réxime da fabricación de fósforos:




Mais non será ata o final do ano 1906 cando sexa reanudada a actividade fabril e podan volver ao traballo as operarias:



Nova Galicia – Ano IV Nº168 – 3 de febreiro de 1907
As amenazas de peche da factoría continuarán ata o establecemento do novo réxime da fabricación de mistos.




La Voz de Galicia, 15 de febreiro de 1908
Pero, como adoita a acontecer, os empresarios continúan a actividade tamén co establecemento do novo réxime e, como acontecera xa, este novo réxime non supón mellora algunha para as súas operarias, mesmo co feito de pasar un tempo sen traballar e, polo tanto, sen cobrar os seus salarios.





El Miño – Año XI Nº2768 – 14 de febreiro e 5 de marzo de 1908
A historia da fábrica continua moito máis aló, ata mediados dos anos 50 do século XX, como moi ben ten recollido a historiadora Ana Pose Romero, na súa obra titulada “As misteiras coruñesas : loita e asociacionismo na fabrica de fósforos (1871-1936)”.
Preto do 8M: lembrando ás misteiras coruñesas no paso do século XIX ao XX (I)









Deixar un comentario