“A transición sanguenta” na casa sindical da CGT da Coruña, 23 de maio de 2025

O vindeiro venres, 23 de maio de 2025, a Casa Sindical da CGT da Coruña (rúa de Entrepeñas, 6) acollerá, a partir das 18:30 horas, o acto “A transición sanguenta” organizado por Esquerda Revolucionaria, o COT (Colectivo de Olvidados por la Transición) e mailo Sindicato de Estudantes.

No acto, será proxectado o filme documentario “Las armas no borrarán tu sonrisa“, que desminte a verdade oficial dunha “transición modélica” na restauración borbónica de 1975. Un documental que persegue recuperar a memoria dos máis de 300 asasinados pola policía e grupos fascistas entre 1973 e 1981.

O acto contará coa presenza de familiares de vítimas e do director e guionista do filme, Adolfo Dufour. Entre os familiares presentes están:

  • Javier Almazán, irmán de Ángel Almazán, asasinado pola policía en decembro de 1976 durante unha manifestación.
  • Olga Gutiérrez, cuñada de Arturo Ruíz, estudante morto por paramilitares de extrema dereita en 1977.

Ben sabemos os libertarios e libertarias da represión, tamén naqueles tempos que agora queren converter nun oasis de paz e armonía tras 40 anos de brutal ditadura.

Basta con lembrar algúns feitos, sen máis ánimo que por uns poucos exemplos á negación desa “modélica transición”:

  • 18 de agosto de 1963: Execución en garrote vil de Francisco Delgado e Joaquim Granados, militantes de Defensa Interior, organismo clandestino do Movimiento Libertario
  • 16 de agosto de 1964: Detención xunto a Stuart Christie, do anarquista Fernando Carballo, que pasou 26 anos nas cárceres franquistas, cumprindo diferentes condeas, desde 1940 ata 1977    
  • 2 de marzo de 1974: Ejecución en garrote vil de Salvador Puig Antich, anarquista y militante del MIL (Movimiento Ibérico de Liberación)
  • 3 de marzo de 1976: Os “Sucesos de Vitoria”: represión policial do encerro de traballadores en folga nunha xornada de paro xeral naquela cidade, promovida por un movemento asambleario de traballadores e traballadoras
  • 15 de xaneiro de 1978: O Caso Scala: guerra suxa e criminalización do anarcosindicalismo, tralo incendio dunha sala de festas ao término dunha manifestación anarcosindicalista contra os chamados “Pactos da Moncloa”
  • 14 de marzo de 1978: Tortura e asasinato na prisión de Carabanchel (Madrid) de Agustín Rueda, militante anarquista
  • 2 de xuño de 1978: “Fuga dos 45” e a loita de COPEL (1976-1979) nas cadeas
  • 25 de xuño de 1979: Valentín González, trabajador afiliado á CNT, é asasinado pola policía durante unha manifestación en Valencia
  • 27 de novembro de 1984: Detención e tortura de cinco traballadores de CNT en Vitoria, en aplicación da lei antiterrorista



qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”