-
Hai 20 anos … morre Chicho Sánchez Ferlosio

O 1 de xullo de 2003 morría en Madrid o cantautor Chicho Sánchez Ferlosio, autor de cancións como “A la huelga” ou “Gallo negro, gallo rojo”, así como o “Romancero de Durruti”, que acabaron por se converter en auténticos símbolos da resistencia libertaria ao franquismo. Nado en 1940 no seo dunha familia do Réxime (o… Continue reading
-
A Folga de 1901 na Coruña, no periódico “El Socialista” (II) – Xullo de 1901

No mes de xullo, aínda son publicadas crónicas redactadas polo anónimo corresponsal do semanario “El Socialista” na Coruña. No número 800, correspondente ao 5 de xullo de 1901, a crónica do corresponsal, datada o 29 de xuño, ten dúas partes. Na primeira recolle interesante información de como a esas alturas aínda continuaba a represión contra… Continue reading
-
“Remembranzas”, artigo de Jesús Martínez en “Cultura Obrera”, en 1913.

O semanario “Cultura Obrera” era un periódico escrito en castelán, publicado en Nova Iorque, editado polo grupo homónimo, facendo parte dos IWW (Industrial Workers of the World), do que xa temos falado neste espazo web. No seu número 22, do 26 de abril de 1913, aparece publicado este relato baixo o título “Remembranzas”, asinado por… Continue reading
-
A Folga de 1901 na Coruña, no periódico “El Socialista” (I) – Xuño de 1901

Ata o 7 de xuño de 1901, o semanario El Socialista, voceiro do Partido Obreiro, actual Partido Socialista Obrero Español (PSOE), non se fai eco dos graves sucesos ocurridos na Coruña nos últimos días do mes de maio dese ano. No anterior número, publicado o mesmo 31 de maio, non se recolle sequera o conflicto… Continue reading
-
Actas do Congreso Fundacional da IWW (Industrial Workers of the World), en 1905

A partir do 27 de xuño de 1905, na cidade de Chicago e por espazo de 12 días, tiña lugar o Congreso Fundacional da organización IWW (Industrial Workers of the World). Moitos traballadores galegos, emigrados en Estados Unidos e outros paises anglosaxóns, militaron nesta organización, cercana en plantexamentos ás organizacións obreiras anarcosindicalistas de finais do… Continue reading
-
Hai 46 e 42 anos … primeiras manifestacións do Orgullo en Barcelona (1977) e Vigo (1981).

Co lema “Non temos medo, nos somos”, o 26 de xuño de 1977 ten lugar a primeira manifestación de visibilización LGTB no estado español, convocada polo Front d’Alliberament Gay de Catalunya (FAGC). En mazo de 1977, o Front d’Alliberament Gay de Catalunya (FAGC) fai público un Manifesto reclamando a derrogación da Lei sobre Peligrosidade e… Continue reading
-
Emma Goldman (27 de xuño de 1869 – 14 de maio de 1940)

O anarquismo defende unha orde social baseada na libre agrupación de individuos co obxectivo de producir verdadeira riqueza social; unha orde que garantirá a cada ser humano o libre acceso á terra e o pleno goce das necesidades da vida, de acordo cos individuais desexos, gustos e inclinacións. Enma Golman. “Anarchism: What It Really Stands… Continue reading
-
“La cooperación voluntaria”, artigo de Ricardo Mella en “El Combate” (Pontevedra), 6 de maio de 1900

“Afirmamos, en resumo, (…) a liberdade de procedementos; a posesión común da riqueza como base; o pacto como medio; a satisfacción de todas as necesidades como fin. E propagamos, en consecuencia, que a humanidade emancipada das vellas rutinas, marchará voluntaria e libremente á realización da maior felicidade posible sen necesidade de administradores nin gobernantes interesados.“… Continue reading
-
Hai 106 anos … nacía Joaquina Dorado Pita

O 25 de xuño de 1917 nacía na Coruña, no barrio obreiro e mariñeiro de Santa Lucía, Joaquina Dorado Pita. Tras vivir en Sada e Vigo durante un tempo, marcha coa súa familia a Asturias, e logo da Revolución de 1934, á cidade de Barcelona. Militante da CNT, afiliada ao seu Sindicato da Madeira do… Continue reading
-
Hai 92 anos … o conflito mineiro no Freixo, Monforte de Lemos (Lugo), 1931-1933

Ainda que xa tiñan sido explotadas dende moito tempo antes, as minas de mineral de ferro do Freixo en Monforte de Lemos (Lugo), recuperaron a actividade extractiva a principios do século XX, da man dunha empresa constituida por capital procedente de emigrantes galegos na Arxentina, baixo o nome “Compañía General Minera de Galicia” que explota… Continue reading
qué é isto?
Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.
Artigos recentes
- O xoves 26, primeira sesión do Club de Lectura con “Nada” de Carmen Laforet
- [Cinefórum Aurora] “O sal da terra”: 13 de marzo, ás 19 horas
- Galería de imaxes – Lembranza das vítimas do Patronato de Protección a la Mujer
- A CGT DA CORUÑA E O ATENEO AURORA LEMBRAN ÁS VÍTIMAS DO PATRONATO DE PROTECCIÓN DE LA MUJER NAS VÉSPERAS DO 8M
- [Ateneo] Boletín Aurora – febreiro de 2026
Newsletter
A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911


Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”

