-
Creación de Sociedades de Inquilinos na Galiza nas dúas primeiras décadas do s.XX

Xa sabemos que o problema da vivenda non é algo propio da actualidade que estamos a vivir: prezos elevados do aluguer xunto a baixos salarios, escaseza e carestía das vivendas, desafiuzamentos, codicia, abusos e incumprimentos por parte dos propietarios, malas condicións das vivendas, problemas de hixiene e saúde pública, … A principios do século XX… Continue reading
-
Ofrenda floral ás vítimas da represión franquista en Sada

O 11 de agosto de 2023, ás 21 horas, a Asociación Cultural “Irmáns Suárez Picallo” de Sada celebrará unha ofrenda floral no monumento en lembranza das vítimas sadenses da represión franquista, situado no Paseo Marítimo desta localidade. O acto celébrase nesta data en lembranza do asasinato na noite do 11 ao 12 de agosto de… Continue reading
-
Hai 98 anos … morría Ricardo Mella

Ricardo Mella Cea, topógrafo e escritor, naceu en Vigo, o 23 de noviembre de 1861, e morreu na mesma cidade o 6 de agosto de 1925. Foi un dos principais pensadores e activistas libertarios galegos de fináis do século XIX e inicios do século XX. Para coñecer máis: “Del amor. Modo de acción y finalidad social” – Ricardo Mella (1901)”… Continue reading
-
O grupo ácrata “Ni dios, ni amo” nun mitin de Lerroux na Coruña, o 29 de agosto de 1904

No verán do ano 1904, Alejandro Lerroux, lider republicano federal e deputado por Barcelona polo partido Unión Republicana, fai unha xira por distintas localidades galegas e chega á Coruña o 29 de agosto de 1904. Naqueles tempos Lerroux trataba de facerse co control e o favor da clase traballadora para os seus intereses. Un ano… Continue reading
-
Internacionalismo obreiro: rexeitamento á visita de Porfirio Díaz á Coruña, en xuño de 1911

Logo de seis meses de insurrección popular, o ditador Porfirio Díaz Mori presentou a súa renuncia o día 25 de maio de 1911 na Cámara de Diputados de México. O goberno quedaría en máns de Francisco León de la Barra, para convocar unhas eleccións de gañaría Francisco Ignacio Madero. Na súa carta de renuncia Porfirio… Continue reading
-
[Mapoulas Libertarias] Imaxes: Faladoiro en As Xubias
Faladoiro organizado polo colectivo “Refuxios da Memoria”, coa participación do historiador Dionisio Pereira e xentes do barrio das Xubias no que participaron familiares de participantes nos intentos de fuga por mar dende o embarcadoiro do pasaxe das Xubias, organizados polo sindicato “Despertar Marítimo” da CNT. 23 de xullo de 2023 Continue reading
-
“Imaxes da muller na Revolución Social de 1936” – no xornal CNT, 24 a 27 de xullo de 1936

O 24 de xullo de 1936 saía de novo do prelo o xornal anarcosindicalista “CNT” na cidade de Madrid, logo de incautarse da redacción da publicación tradicionalista e reaccionaria “El Siglo futuro”. Nos seus exemplares dos días 24 a 27 de xullo recollénse imaxes e textos do papel das mulleres nos días revolucionarios que continuaron… Continue reading
-
Hai 91 anos … morría Errico Malatesta

O 22 de xullo de 1932 morría en Roma o anarquista Errico Malatesta (4 de decembro de 1853, Santa Maria Maggiore, na Campania — 22 de xullo de 1932, Roma), un dos principais pensadores do anarquismo moderno. Para ler: “La Anarquía” – Errico Malatesta, en Biblioteca de Solidaridad Obrera Logo da toma do poder polo… Continue reading
-
[Día das Mapoulas Libertarias] “As Xubias: ponto de fuga”. Faladoiro e Sardiñada
![[Día das Mapoulas Libertarias] “As Xubias: ponto de fuga”. Faladoiro e Sardiñada](https://memorialibertarianagaliza.org/wp-content/uploads/2023/07/photo_5843655937011858869_y.jpg?w=1024)
Organizado polo colectivo “Refuxios da Memoria”, o vindeiro luns 24 de xullo, ás 19 horas, na praia das Xubias (Xubias de Abaixo), terá lugar un faladoiro coas veciñas do barrio e co historiador Dionisio Pereira, no que se abordarán os intentos de fuxida organizados naquel lugar polo Despertar Marítimo, sindicato do mariñeiro da CNT, dende… Continue reading
-
A Folga de 1901 na Coruña, no xornal “El Imparcial”, Madrid (IV)

O día 7 de xuño de 1901, xusto unha semana despois da declaración do estado de guerra na cidade, o xornal madrileño fai unha recopilación de informacións ao respecto, tratando de que constitua o relato dos feitos acontecidos nos días 30 e 31 de maio: EL PROBLEMA DE LA CORUÑA(DE NUESTRO REDACTOR-CORRESPONSAL)Coruña 4 Junio 1901Anarquía.-… Continue reading
qué é isto?
Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.
Artigos recentes
- Palestra “Mulleres na Revolución Social”, a cargo de Yanira Hermida, o venres 25 de setembro
- [Ateneo] Boletín Aurora – nº5 – xullo e agosto de 2026
- [Cinefórum Aurora] “Cancións para despois dunha guerra”: 11 de setembro, ás 19 horas
- Día das Mapoulas Libertarias 2026
- “A segunda morte de Antonio Soto”, artigo de Germinal Cerván en La Campana (Pontevedra)
Newsletter
A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911


Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”

