-
Día das Mapoulas Libertarias 2025

Como ven facendo dende o ano 2017, o colectivo Refuxios da Memoria da Coruña organiza hoxe, 10 de xullo, unha nova edición do Día das Mapoulas Libertarias có obxectivo de recuperar e reivindicar a memoria dun grupo de veciñas dos barrios coruñeses das Atochas e Monte Alto, un grupo de mulleres anarquistas que foron asasinadas, encadeadas, perseguidas e Continue reading
-
A Folga de 1901 na Coruña, no semanario “La Protesta Humana” de Arxentina

O 13 de xuño de 1897 saía do prelo o primeiro número da publicación anarquista arxentina La Protesta Humana. A súa redacción en Bos Aires e mailo seu panel de colaboradores estaba composta por algún xornalista, como o galego Julio Camba, pero maioritariamente eran zapateiros, cocheiros, carpinteiros, estibadores, panadeiros, tipógrafos… maioritariamente homes pero tamén algunha Continue reading
-
Os sucesos de Rosario (Arxentina) en outubro de 1901

Poucos meses despois da brutal represión da folga xeral de finais de maio de 1901 na Coruña, a clase obreira arxentina enfronta uns sucesos moi semellantes e que finalizan tamén tráxicamente. A principios de outubro de 1901, os traballadores e traballadoras da Refinería Argentina de Azúcar de Rosario, reunidos en asemblea, acordaran declararse en folga, Continue reading
-
Unha madrugada de marzo de 1938… apuntamentos para o acto de lembranza ás vítimas do franquismo (1 de xuño de 2025)

No ano 1985, Juan García Durán publica unha das principais obras bibliográficas sobre a guerra civil española: La guerra civil española : fuentes (archivos, bibliografia y filmografia). Na dedicatoria deste traballo, García Durán escribe o seguinte: «A Lino Carrión Castilla y Alfonso Castillo López, compañeros de celda, a quienes una madrugada de marzo de 1938, Continue reading
-
Galería de imaxes – Acto en lembranza das vítimas da represión na Folga Xeral de 1901

Como cada ano, a Federación Local Obreira da CGT da Coruña organizou o domingo 1 de xuño de 2025 o tradicional acto de lembranza ás vítimas da represión da folga xeral que tivo lugar na cidade en maio de 1901 no que participaron preto dunha vintena de persoas. A continuación, como cada ano, realizouse outra Continue reading
-
Os sucesos de 1901, entrevista en Radio Fene

“Os sucesos da Coruña” (30 de maio de 2025, 10:36) Os sucesos da Coruña de finais de maio de 1901 chegaron a todo o mundo.A prensa internacional fíxose eco da folga xeral de tres dias, a declaración do estado de guerra e a represión posterior que acabou coa vida de nove cidadáns. O conflito comezou Continue reading
-
1 de xuño: Acto en memoria das vítimas da represión na Folga Xeral de 1901 na Coruña

O vindeiro domingo, día 1 de xuño de 2025, ás 12:30 horas, no cemiterio de santo Amaro da Coruña, terá lugar a tradicional ofrenda floral que cada ano ven organizando a CGT da Coruña en lembranza dos obreiros e obreiras asasinadas, vítimas da represión da folga xeral (a coñecida como folga dos «consumeiros») que tivo Continue reading
-
A Folga de 1901 na Coruña, no xornal “El Nacional”, Madrid

Recentemente ten sido incorporada esta cabeceira de prensa madrileña aos fondos dixitalizados da Hemeroteca da Biblioteca Nacional de España. Trátase do xornal El Nacional, editado en Madrid entre 1894 e 1913, baixo a dirección, ata o seu falecemento en 1903, de Adolfo Suárez Figeroa. Político e xornalista andaluz, era irmán de Augusto, director de El Continue reading
-
“A Coruña, 1901: un retrato a chumbo e sangue”, palestra en O Facho, o 27 de maio de 2025

A finais de maio de 1901, a cidade da Coruña quedou paralizada por unha folga xeral que había de durar tres días, convocada polas sociedades obreiras trala morte a noite anterior, dun traballador en folga. O medo da burguesía local e as estruturas estatais ante o pulo da organización obreira, que fora quen de deter Continue reading
qué é isto?
Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.
Artigos recentes
Newsletter
A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911


Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”


