Un acto organizado pola CGT de Vigo rinde homenaxe a Ricardo Mella no centenario do seu pasamento

O pasado xoves 7 de agosto de 2025, tivo lugar o acto de homenaxe organizado pola CGT de Vigo con motivo do centenario do pasamento de Ricardo Mella.

Este pensador, escritor e militante anarquista fora nacido en Vigo en 1861. A influencia do seu pensamento e a súa obra, traducida a numerosos idiomas, foi e segue a ser importantísima para o conxunto do movimento obreiro.

Ás 11:00 horas, preto de trinta compañeiras e compañeiros de distintos sindicatos da CGT de Galiza concentráronse no acceso principal do Cemiterio de Pereiró (Vigo) para dirixirse ata o antigo cemiterio civil onde reposan os seus restos. O sepulcro de Mella, obra do coñecido escultor galego Francisco Asorey, foi levantado por suscripción popular e ten sido adecentado por impulso de diferentes entes da CGT de Galicia.

No decurso do acto sucedéronse diferentes intervencións que recordaron a relevancia, tamén na actualidade, da figura e maila obra deste pensador libertario vigués: por parte da Federación Local de CGT de Vigo intervino Víctor Delio, quen lembrou tamén a recente perda do compañeiro Octavio Alberola. A continuación tomou a palabra unha sobrina neta do propio Ricardo Mella, que tivo verbas de agradecemento pola organización da homenaxe. Pechou o acto coa intervención do compañeiro Miguel Ángel Cuña, Secretario xeral da CGT de Galicia.

O acto concluiu coa interpretación de “A las barricadas” por parte dos asistentes e co reparto de exemplares do boletín especial de Memoria Libertaria na Galiza, coa tradución ao galego dun dos numerosos artigos de Ricardo Mella, titulado “A grande mentira” e publicado en 1911.


Galería de Imaxes:


Galería de prensa:

El cementerio de Pereiró acoge un homenaje a Ricardo Mella, el libertario vigués – Radio Vigo (Cadena Ser), 6 de agosto de 2025

A CGT convoca unha homenaxe ao libertario Ricardo Mella nos cen anos do seu pasamento – La Voz de Galicia, ed. Vigo, 6 de agosto de 2025

CGT convoca un homenaxe ao libertario vigués Ricardo Mella nos 100 anos do seu pasamento – Xornal Galicia, 6 de agosto de 2025

“A las barricadas” sonará en Pereiró por Ricardo Mella – Atlántico Diario, 7 de agosto de 2025

Vigo rinde tributo a Ricardo Mella, figura clave en el anarquismo gallego, en el centenario de su muerte – Faro de Vigo, 7 de agosto de 2025

Vigo conmemora el legado anarquista de Ricardo Mella – Radio Vigo (Cadena Ser), 7 de agosto de 2025




Unha resposta a «Un acto organizado pola CGT de Vigo rinde homenaxe a Ricardo Mella no centenario do seu pasamento»

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”