A Igrexa pon atrancos á exhumación das “Vítimas de Bértoa”

A ARMH agarda polo permiso do Obispado de Santiago para iniciar a exhumación dos corpos de catro asasinados polo fascismo en Bértoa (Carballo – A Coruña). A ARMH dí que xa dispón de todos os permisos pero que a Igrexa está a alongar o proceso, retrasando as respostas e alegando a oposición dalgúns feligreses á exhumación dos corpos.

O 29 de setembro de 1936, catro coruñeses foron secuestrados e tiroteados, e os seus corpos foron abandonados no Campo de Morgade, na localidade de Queo de Arriba en Bértoa (Carballo) na comarca de Bergantiños. Foron enterrados polo párroco, Antonio Coello, e os veciños da localidade, no cemiterio de Bértoa.

Os seus nomes eran:  

  • Juan Boedo Pardo, de 28 anos e dous fillos, era obreiro, gasista de profesión, veciño de San Cristobo das Viñas, na Coruña. Segundo algunhas fontes, natural de Betanzos e sindicalista. Algunha referencia (*) vencella a Juan co Ateneo Libertario “Resplandor en el Abismo” na aldea da Silva (hoxe xa un barrio da cidade). Logo de andar fuxido no monte xunto ao seu irmán, ambos foron detidos na Costa da Unión. Malia que o seu irmán salvou a vida, Juan foi asasinado.
  • Andrés Pinilla Fraga, de 52 anos, obreiro, porteiro de profesión e conserxe do Colexio Notarial da Coruña, veciño da Coruña. Segundo algúns relatos dos sucesos, Andrés refuxiou ao seu fillo Pedro nas novas instalacións do Colexio Notarial, nun edificio rematado de construir en 1931, na Praza de Galicia, en pleno Ensanche da Coruña, fronte ao daquela tamén novo Pazo de Xustiza. Un rexistro na súa procura acabou atopando ao fuxido e rematou coa detención e “paseo” de ambos.
  • Pedro Pinilla Calvete, de 21 anos, obreiro, mecánico, veciño da Coruña e fillo de Andrés Pinilla Fraga.
  • Francisco Miguel Fernández Díaz, de 38 anos, artista, veciño de Oleiros (A Coruña). Atoparon o seu cadaver con dous balazos no estómago e un no ombreiro, ao seu corpo fendéronlle a testa e cortáronlle as máns. A súa parella, Syra Alonso, e mailos seus fillos, conseguiron logo fuxir cara o exilio en México
Edificio do Colegio Notarial de A Coruña. Anos 30. Fonte: Carmela Barral en Pinterest
Edificio do Colegio Notarial de A Coruna na actualidade. Fonte: Google Maps
Autorretrato de Francisco Miguel Fernández Díaz. Fonte: Wikipedia
“Casa da Felicidade” ou “Casa da Dicha”, onde moraban Francisco Miguel Fernández Díaz e Syra Alonso, en Coruxo de Abaixo (Lians, Oleiros – A Coruña). Imaxe de memorialibertarianagaliza.org

(*) Artigo de Xoan Abeleira en “La Opinión de A Coruña” (xuño de 2006) do que a única referencia atopada está nun Foro de “A las barricadas”



3 respostas a “A Igrexa pon atrancos á exhumación das “Vítimas de Bértoa””

  1. […] Todos eles foron asasinados o 29 de setembro de 1936, como contabamos en abril de 2023 neste mesmo espazo web: A Igrexa pon atrancos á exhumación das “Vítimas de Bértoa” […]

    Gústame

  2. […] O pasado venres remataban os traballos de exhumación na fosa común do cemiterio de Bertoa – Carballo (A Coruña) logo de terse atopado os restos de catro asasinados en 1936 dos que falabamos en “A Igrexa pon atrancos á exhumación das “Vítimas de Bértoa”. […]

    Gústame

  3. […] entramos no nucleo urbano de Santa Cruz, polo lugar de Coruxo de Abaixo, onde podemos ver a «Casa da Felicidade» que fora residencia da parella formada por Syra Alonso e Francisco de Miguel, ata a detención e brutal asasinato deste logo da sublevación militar fascista de xullo de […]

    Gústame

Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”