Acto da CGT de Vigo polo centenario do pasamento de Ricardo Mella

O vindeiro 7 de agosto de 2025, terá lugar un acto de homenaxe organizado pola CGT de Vigo con motivo do centenario do pasamento de Ricardo Mella.

Nesa mesma data de 1925, en Vigo, a súa cidade natal, finaba aos 63 anos de idade, o coñecido pensador, escritor e militante anarquista galego, Ricardo Mella Cea. A influencia do seu pensamento e a súa obra, traducida a numerosos idiomas, foi e segue a ser importantísima para o conxunto do movemento obreiro.

O acto de homenaxe terá lugar a partir das 11:00 horas, fronte ao mausoleo do Cemiterio de Pereiró (Vigo) onde repousan os seus restos. Este sepulcro, obra do coñecido escultor galego Francisco Asorey, foi levantado por suscripción popular e será adecentado por impulso de diferentes entes da CGT de Galicia. No decurso de dito acto sucederanse diferentes intervencións sobre a figura e a obra do pensador, así como un recital poético-musical na súa memoria.

Tamén será presentada nese acto, a publicación de dous números extraordinarios do semanario anarcosindicalista “La Campana”, editado polo Sindicato Único de Traballadores “Solidariedade Obreira” da CGT de Pontevedra, que estarán dedicados á vida e o pensamento de Ricardo Mella, xunto có anuncio da celebración en setembro dunhas xornadas sobre este sinalado anarquista galego.

Desde Memoria Libertaria na Galiza se ten preparado un boletín especial, coa tradución ao galego dun dos numerosos artigos de Ricardo Mella, titulado “A grande mentira”, publicado en 1911, en Acción Libertaria, publicación obreira editada en Xixón e, posteriormente, en Vigo baixo dirección do propio Mella.




Unha resposta a “Acto da CGT de Vigo polo centenario do pasamento de Ricardo Mella”

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”