A CGT ven desenvolvendo ao longo deste ano 2026 unha campaña de conmemoración do 90 aniversario da Revolución Social de 1936. Dende a CGT da Coruña, en colaboración co Ateneo Aurora, celebraremos este aniversario cunha palestra titulada “Mulleres na Revolución Social” que terá lugar o venres, 25 de setembro de 2026, ás 19:30 horas, no Salón de Actos da Casa Sindical da CGT na Coruña (rúa Entrepeñas, 6)

Desde que xurden as primeiras utopías revolucionarias da man de figuras como Olympe de Gouges e Flora Tristán, as mulleres comprobaron a necesidade de unirse á Revolución desde posicionamentos propios. No movemento libertario entre as moitas compañeiras que aínda permanecen bajo o anonimato da Historia debemos rescatar para reflexionar o legado que nos teñen transmitido desde Louise Michel e que foron fundamentais para comprender o papel das anarquistas nos procesos revolucionarios desde a Rusia de 1917 ata a loita actual das mulleres no Kurdistán, pasando pola experiencia de Mujeres Libres durante a Guerra Civil en España.
Yanira Hermida Martín é afiliada da CGT Xixón onde colabora en Acción Antipatriarcal de CGT Asturies e fai parte da colectiva Libertarias. Tamén participa na Comisión Confederal de Memoria Libertaria, na revista do Ateneo Libertario Al Margen de Valencia e no Comité Solidaridá Asturies Rojava.
Yanira Hermida é doutora en Historia Contemporánea pola Universitat de Barcelona. Doctoranda do Programa de Doctoramento en Estudos de Xénero e Políticas de Igualdade na Universitat de Valencia. Profesora externa do Máster de Estudios Feministas desa universidade. As súas liñas de investigación son: Memoria Histórica antifascista, Historia feminista en Canarias, e Memoria e Historia Anarcofeminista.
Entre as súas publicacións destacan dous libros sobre a Sección Femenina en Tenerife, o libro Luchaban por un Mundo Nuevo (2015) sobre Lucía Sánchez Saornil e Sara Berenguer e o libro En un Mar de Silencio y olvido (2020) sobre as anarcofeministas canarias; ambos en Descontrol ed. Ten publicado tamén numerosos textos en obras colectivas, revistas científicas e de divulgación como: Una lectura feminista de “La Conquista del Pan” de Pedro Kropotkin; Buscando bajo las piedras: ¿Donde están las referentes lesbinas del movimiento libertario español? (2021) Asparkía. Investigació feminista. 38, pp.293-313; Plenas se entregaron… Libertarias en la Revolución Rusa; Todo pueblo escribe su propio destino. Experiencias prácticas y reales de mujeres en procesos de autonomía democrática fuera del estado, publicado na revista Jineolojî traducido ao turco (2019) e ao inglés (2020).









Deixar un comentario