O vindeiro 11 de setembro de 2026, venres, teremos unha nova cita no Cineforum Aurora, no marco do ciclo titulado “Cine e movemento obreiro”, coa proxección do filme documental Cancións para despois dunha guerra, dirixido por Basilio Martín Patino no ano 1976.
Podes descargar a ficha desta sesión, premendo na seguinte ligazón: [Cineforum Aurora] Cancións para despois dunha guerra (PDF).
Deixámosvos como anticipo un video con declaracións do director sobre a película:
A proxección e coloquio terá lugar no Salón de Actos da Casa Sindical da CGT da Coruña (Entrepeñas, 6) a partir das 19:00 horas.









