[Cineforum Aurora] “Patagonia rebelde”

O vindeiro 13 de novembro de 2026, venres, ás 19:00, teremos unha nova cita no Cineforum Aurora, no marco do ciclo titulado “Cine e movemento obreiro”, coa proxección do filme histórico e social Patagonia rebelde, dirixido por Hector Olivera no ano 1974.

Terá lugar, como de costume, no salón de actos da Casa Sindical da CGT da Coruña (Entrepeñas, 6)

Podes descargar a ficha desta sesión, premendo na seguinte ligazón: [Cineforum Aurora] Patagonia rebelde (PDF)

Deixámosvos como anticipo un video cunha das escenas da película:





qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”