Sen clasificar
-
A Folga de 1901 na Coruña, no xornal “El Nacional”, Madrid

Recentemente ten sido incorporada esta cabeceira de prensa madrileña aos fondos dixitalizados da Hemeroteca da Biblioteca Nacional de España. Trátase do xornal El Nacional, editado en Madrid entre 1894 e 1913, baixo a dirección, ata o seu falecemento en 1903, de Adolfo Suárez Figeroa. Político e xornalista andaluz, era irmán de Augusto, director de El Continue reading
-
“A Coruña, 1901: un retrato a chumbo e sangue”, palestra en O Facho, o 27 de maio de 2025

A finais de maio de 1901, a cidade da Coruña quedou paralizada por unha folga xeral que había de durar tres días, convocada polas sociedades obreiras trala morte a noite anterior, dun traballador en folga. O medo da burguesía local e as estruturas estatais ante o pulo da organización obreira, que fora quen de deter Continue reading
-
“A transición sanguenta” na casa sindical da CGT da Coruña, 23 de maio de 2025

O vindeiro venres, 23 de maio de 2025, a Casa Sindical da CGT da Coruña (rúa de Entrepeñas, 6) acollerá, a partir das 18:30 horas, o acto “A transición sanguenta” organizado por Esquerda Revolucionaria, o COT (Colectivo de Olvidados por la Transición) e mailo Sindicato de Estudantes. No acto, será proxectado o filme documentario “Las Continue reading
-
Mitin anarcosindicalista na Coruña en xuño de 1936, con J. García Oliver como orador

Na mañá do domingo 21 de xuño de 1936 tiña lugar na praza de touros da cidade da Coruña, un mitin anarcosindicalista, denominado de “Concentración Confederal” ou “de Revalorización Confederal, como glosa de los acuerdos de Zaragoza”, no que o principal orador foi o militante catalán Joan García Oliver. Este mitin celébrase pouco máis dun Continue reading
-
Acto de rehabilitación e dignificación da tumba de Joan García Oliver, o 11 de maio de 2025

Logo dunha investigación comezada en torno a 2010, foi atopada finalmente a localización da tumba de Joan García Oliver, en Guadalajara (México). Joan García Oliver tiña nacido o 20 de xaneiro de 1901 en Reus, Tarragona. Activo militante anarcosindicalista dende moi novo, formou parte dos grupos “Los Solidarios” e “Nosotros” xunto a Durruti, Ascaso, Jover Continue reading
-
O 1º de maio de 1905 na Coruña

Hai 120 anos, a clase obreira coruñesa conmemoraba o 1º de maio cun mitin celebrado pola mañá no Teatro Principal (desde 1909 coa denominación actual de Teatro Rosalía de Castro) e unha velada pola tarde no Teatro Circo Emilia Pardo Bazán, que estaba construido na Marina. No mitin participaron como oradores José Rodríguez Romero e Continue reading
-
Preto do 8M: lembrando ás misteiras coruñesas no paso do século XIX ao XX (e II)

Deixáramos na entrada anterior ás nosas protagonistas, as misteiras coruñesas, participando da reorganización das sociedades obreiras na cidade logo do temporal represor que continuou á Folga Xeral de 1901. Ao ano seguinte da folga da fábrica en abril e maio de 1901, e preto do aniversario da folga xeral e a súa brutal represión, na Continue reading
-
Preto do 8M: lembrando ás misteiras coruñesas no paso do século XIX ao XX (I)

Na cidade da Coruña, a finais do século XIX e comezo do século XX, a presencia de mulleres a traballar como operarias nas fábricas establecidas na cidade e maila súa contorna, non só abranguía ás cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Palloza, aínda que este era o colectivo máis numeroso. Entre outras, atopamos as tecedeiras Continue reading
-
Homenaxe aos fusilados polo fascismo en Marín o 31 de decembro de 1936

O último número do Semanario La Campana publica unha crónica do acto de homenaxe aos seis veciños de Marín asasinados polo fascismo o 31 de decembro de 1936, que reproducimos aquí: HOMENAJE EN MARÍN A LOS FUSILADOS POR EL FASCISMOSeis vecinos de Marín asesinados el 31 de diciembre de 1936 Este 31 de diciembre, en Continue reading
qué é isto?
Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.
Artigos recentes
- [Cineforum Aurora] “Dentro da revolución”: 6 de febreiro, ás 19 horas
- [Biblioteca] Nova incorporación “Os diarios de Julio Silva”
- [Ateneo] Boletín Aurora – decembro de 2025
- [Biblioteca] Nova incorporación: “Los fugados del fuerte de Ezkaba”, de Fermín Ezkieta Yaben
- [Biblioteca] Nova incorporación: “Diarios” (1938-1945) de Syra Alonso
Newsletter
A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911


Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”


