-
[Folga de 1901 na Coruña] Eco dos sucesos na prensa estadounidense
![[Folga de 1901 na Coruña] Eco dos sucesos na prensa estadounidense](https://memorialibertarianagaliza.org/wp-content/uploads/2024/11/the-san-francisco-call.-volume-june-03-1901-crop1.jpg?w=450)
Os ecos dos brutais sucesos represivos acontecidos nos últimos dous días de maio de 1901 na cidade da Coruña acadaron case todos os rincóns do mundo a través da prensa. Nos Estados Unidos de América preto dun cento de xornais recolleron nas súas páxinas, con maior ou menor extensión e/ou acerto, reseñas dos sucesos. Deste Continue reading
-
[Folga de 1901 na Coruña] Novas dos sucesos no xornal “Boletín Mercantil de Puerto Rico”
![[Folga de 1901 na Coruña] Novas dos sucesos no xornal “Boletín Mercantil de Puerto Rico”](https://memorialibertarianagaliza.org/wp-content/uploads/2024/11/san-juan-de-puerto-rico.jpg?w=926)
Ata o ano 1898, Puerto Rico viña sendo unha colonia española. As derrotas do exercito español en Cuba e Filipinas, na guerra entre Estados Unidos e España, leva aos norteamericanos a invadir Puerto Rico a partir do 25 de xullo de 1898, para logo pasar a illa a sufrir unha ocupación militar estadounidense e, coa Continue reading
-
Viñeta en “Gedeón” sobre os sucesos de maio de 1901 na Coruña

Como xa temos visto en entradas anteriores de Memoria Libertaria na Galiza, as novas sobre a represión da folga xeral de 1901 na Coruña pronto chegaron ás páxinas da prensa de Madrid, coa información habitualmente enguedellada coas consecuencias políticas na Corte dos feitos acontecidos. Non só foi tratado pola prensa política, senon tamén polas publicacións Continue reading
-
[Tralos sucesos de Maio de 1901] En lembranza dun mitin en Londres en solidariedade coas vítimas: “Volveremos”, un poema de Louise Michel
![[Tralos sucesos de Maio de 1901] En lembranza dun mitin en Londres en solidariedade coas vítimas: “Volveremos”, un poema de Louise Michel](https://memorialibertarianagaliza.org/wp-content/uploads/2024/11/athenaeum_in_1830-1.jpg?w=600)
En xuño de 1901 celebrábase en Londres, no Athenaeum Hall de Tottenham Court Road, un mitin de solidariedade en favor das vítimas das loitas obreiras nos estados español e italiano, e nomeadamente das vítimas dos sucesos da Coruña. No acto tomaron parte, entre outros, Errico Malatesta e Louise Michel, que daquela vivían en Londres, igual Continue reading
-
[Folga de 1901 na Coruña] Eco dos sucesos na prensa portuguesa
![[Folga de 1901 na Coruña] Eco dos sucesos na prensa portuguesa](https://memorialibertarianagaliza.org/wp-content/uploads/2024/11/imaxe-destacada-prensa-portuguesa-1901.jpg?w=1024)
A nova dos sucesos represivos da folga dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña ben cedo chegaron á prensa de Portugal. Sen ánimo de exhaustividade, salientamos algúns exemplos: O mesmo 1 de xuño de 1901, o xornal lisboeta Diario Illustrado, publicaba as primeiras novas do sucedido na Coruña, a través de Continue reading
-
A voltas co amor libre na Coruña de 1902

Polémica entre Revista Gallega e La Emancipación, en novembro e decembro de 1902 A finais de 1902, as páxinas de dúas publicacións coruñesas, a revista semanal Revista Gallega: Semanario de literatura e intereses regionales, de carácter rexionalista, e do semanario obreiro La Emancipación, viven unha polémica ao fío do amor libre. A estrañeza acerca da Continue reading
-
A Folga Xeral de Outubro de 1934 en Ourense

Malia as novas que con posterioridade publicaron os xornais da capital ourensana, nos que salientaban unha suposta “total tranquilidad” (cando eses mesmos xornais non deron saído do prelo con normalidade ata días despois e nalgúns casos chegando a tirar de crebafolgas para facelo), o movemento insurreccional da folga xeral de 1934 en Ourense tivo grande Continue reading
-
Hai 49 anos… falecemento de Cipriano Mera

Cipriano Mera Sanz naceu no barrio madrileño de Tetuán o 4 de novembro de 1897. Foi un albanel e militante anarcosindicalista, afiliado ao Sindicato da Construción de Madrid da CNT. Membro do Comité Revolucionario de Zaragoza na folga insurreccional de decembro de 1933, foi arrestado e cumpriu condena en Burgos. Volve á cadea logo da Continue reading
-
Viñeta en “La Campana de Gracia” sobre os sucesos de maio de 1901 na Coruña

O eco dos sucesos ocorridos durante a violenta represión das mobilizacións obreiras nas rúas da Coruña a finais de maio de 1901 ben cedo chegou a moitos lugares do estado español e do mundo enteiro, como quedou reflectido na prensa da época. Como exemplo, a viñeta publicada polo veterano semanario satírico barcelonés, de carácter republicano Continue reading
-
Mobilizacións de estudantes na Coruña, en febreiro de 1901

A principios do ano 1901 un dos asuntos que ocupaban as páxinas dos xornais era o casamento da herdeira ao trono María de las Mercedes de Borbón. Naquela atura, estaba a reinar con título de rexente a súa nai mentres o seu irmán o rei Alfonso non acadaba a maioría de idade. O casamento foi Continue reading
qué é isto?
Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.
Artigos recentes
Newsletter
A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911


Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”

