O anarcosindicalismo, movemento sindical de carácter revolucionario e orientación anarquista, constituiu na península ibérica unha grande forza revolucionaria cunha intensidade sen precedentes en ningunha outra parte do mundo.
A través dunha selección de prensa, libros, cartaces e documentos de arquivo lembramos aos seus protagonistas, evocamos as súas realizacións, recuperamos a súa memoria e reivindicamos a súa vixencia.
O catálogo contén unha cronoloxía, aporta a relación dos documentos expostos e, nas súas páxinas centrais, unha galería de imaxes da exposición. Tamén recolle un listado de 100 nomes de destacados militantes confederais. Pero o máis importante do catálogo son os 10 textos, correspondentes a 10 olladas sobre o anarcosindicalismo desde os seus orixes ata a actualidade.
O catálogo está editado pola CGT (Madrid 2011, 208 págs. Rústica 24×22 cm, ISBN 9788461463022). Trátase dunha edición bilingüe catalá-castellano, cun prezo de 20 euros
Libro-Catálogo: "Cien años de anarcosindicalismo"
qué é isto?
Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.
Artigos recentes
- [Cinefórum Aurora] “Cancións para despois dunha guerra”: 11 de setembro, ás 19 horas
- Día das Mapoulas Libertarias 2026
- “A segunda morte de Antonio Soto”, artigo de Germinal Cerván en La Campana (Pontevedra)
- [Ateneo] Boletín Aurora – nº4 – maio e xuño de 2026
- Nova edición da Feira do Libro Anarquista da Coruña
Newsletter
A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911


Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”



Deixar un comentario