O vindeiro 24 de febreiro de 2024, sábado, terá lugar o acto de inauguración do memorial en lembranza dos compañeiros e compañeiras asasinados polo franquismo en Ferrolterra, Eume e Ortegal entre a sublevación fascista de 1936 e a morte do ditador en 1975.
O monumento, impulsado pola Comisión Pro-Memorial ás Vítimas do Franquismo en Ferrol, é unha escultura obra de Manuel Patinha que estará ubicada no parque Antón Varela do barrio ferrolán de Canido. A obra representa unha flor que agroma da terra, cun panel onde se recollerán os nomes das máis de 900 vítimas.
O acto de inauguración deste memorial polas víctimas do franquismo terá lugar o sábado 24 de febreiro no parque Antón Varela, ás 12.00 horas, está concibido como un acto de xustiza, dignidade e reparación para os centos de vítimas e mailas súas familias.









Deixar un comentario