En 1882 estaba a ser construída a vía ferrea da liña Palencia – A Coruña que sería inaugurada o 1º de setembro de 1883, e que comunicaría Galiza co resto do estado español. Ao seu paso pola comarca de Valdeorras nesa altura estaba a traballarse no tramo dende Petín ata Cabe (km. 60 a 75), un tramo especialmente complicado e que require dun amplo número de traballadores, especialmente pola necesidade de excavación de varios túneles, especialmente do tunel de Frieiras ou A Frieira, no actual concello de Pobra do Brollón, entre Quiroga e Monforte.
En marzo dese ano 1882, prodúcese un cambio no contratista da obra desta infraestructura Rescíndese o contrato cos empresarios Méric e Sivel para facerse cargo da obra un novo contratista, o empresario madrileño Toribio Arrese, o que provocaba a suspensión dos traballos e xa que logo, o paro forzoso para os traballadores que os desenvolvían.
As brigadas de traballadores son citadas a cobrar os seus xornais polo tempo traballado e daquela reciben as novas do cambio de empresario. Cando se lles comunica a suspensión dos traballos, rebélanse e comezan a camiñar en manifestación, portando as súas ferramentas, ata a casa onde residía o novo empresario, na vila de Petín. Preto dun milleiro de traballadores participan na protesta, que remata na casa ocupada polo contratista, onde éste se atopaba naquel momento cun amigo.
Ante a actitude do empresario, un grupo duns douscentos traballadores entra na casa e agrede ao empresario, que trata de fuxir pero é perseguido polos obreiros que rematan por darlle unha malleira que é suspendida pola intervención do cura do pobo xunto cunha parella da Garda civil, deixando ao empresario, ferido, na ponte de Petín de onde é conducido logo de regreso á súa casa a se recuperar.
El diario de Lugo: periódico político y de intereses generales – Ano VII – Nº 1649 – 4 de abril de 1882

El diario de Lugo: periódico político y de intereses generales – Ano VII – Nº 1649 – 6 de abril de 1882


El Correo gallego diario político de la mañana – Ano V Nº – 14 de abril de 1882


La ilustración cantábrica revista decenal ilustrada. Órgano oficial del centro de asturianos de Madrid – Tomo IV – Número 11 – 18 de abril de 1882

Gaceta de los caminos de hierro (Madrid) – Ano XXVII – Nº16 – 16 de abril de 1882


De seguido comezaron as detencións de traballadores e o Xulgado do Barco de Valdeorras abre dilixencias contra eles nas que serán procesados moitos deles por tentativa de asasinato contra o empresario e por delitos de lesións nas persoas de dous dos seus asistentes.
Na Gaceta de Madrid (Diario oficial) atopamos a publicación dos seguintes requerimentos de comparecencia como imputados en relación ao caso xudicial que é seguido contra os traballadores:
Gaceta de Madrid – Nº 181 – 30 de xuño de 1882

Gaceta de Madrid – Nº 211 – 30 de xullo de 1882

Gaceta de Madrid – Nº 238 – 26 de agosto de 1883

Mesmo a prensa satírica da época faise eco do motín en Petín. En concreto, a revista satírica Gil Blas, publicada en Madrid, no seu exemplar de 9 de abril de 1882, publica o seguinte:


Referencias:
- El diario de Lugo: periódico político y de intereses generales – Ano VII – Nº 1649 – 6 de abril de 1882
- El diario de Lugo: periódico político y de intereses generales – Año VII – Nº 1649 – 6 de abril de 1882
- El Correo gallego diario político de la mañana – Ano V Nº – 14 de abril de 1882
- La Correspondencia de España. N.º 8.781 – 7 de abril de 1882
- La ilustración cantábrica revista decenal ilustrada. Órgano oficial del centro de asturianos de Madrid – Tomo IV – Número 11 – 18 de abril de 1882
- Gaceta de los caminos de hierro (Madrid). Año XVII – nº6 – 5 de febreiro de 1882
- Gaceta de los caminos de hierro (Madrid) – Ano XXVII – Nº16 – 16 de abril de 1882
- Gaceta de Madrid – Nº 181 – 30 de xuño de 1882
- Gaceta de Madrid – Nº 211 – 30 de xullo de 1882
- Gaceta de Madrid – Nº 238 – 26 de agosto de 1883
- Gil Blas (Madrid). Ano I – Nº 22- 9 de abril de 1882









Deixar un comentario