[Cinefórum Aurora] “O cine libertario: cando as películas fan historia”: 8 de maio, ás 19 horas

O vindeiro venres, 8 de maio de 2026, temos unha nova cita no Cineforum Aurora, no marco do ciclo titulado “Cine e movemento obreiro”, coa proxección do filme documental O cine libertario: cando as películas fan historia, dirixido e escrito por Verónica Vigil e José Mª Almela no ano 2010.

Podes descargar a ficha desta sesión, premendo na seguinte ligazón: [Cineforum Aurora] O cine libertario: cando as películas fan historia  (PDF).

Deixámosvos como anticipo unha mostra do cine producido durante a Revolución Española, co filme “Nosotros somos así” do ano 1937 dirixido por Valentín R. González para o S.I.E.

A proxección e coloquio terá lugar no Salón de Actos da Casa Sindical da CGT da Coruña (Entrepeñas, 6) a partir das 19:00 horas.




Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”