-
“La igualdad” – Ilustración no “Almanaque de la Revista Blanca” de 1901

No Almanaque de la Revista Blanca do ano 1901 aparece, na súa páxina 50, como ilustración o seguinte grabado: A autoría é anónima pois nos créditos do índice na portada, aparece identificado como autor “un compañero”. Almanaque de la Revista Blanca en Hemeroteca Digital. Biblioteca Nacional de España (bne.es) Continue reading
-
A Folga de 1901, na prensa: “El Español”, Madrid (I)

O xornal madrileño El Español, diario de orientación monárquica e liberal-conservadora, tamén se fai eco das novas procedentes da cidade da Coruña polos sucesos derivados da represión das folgas e o movemento obreiro coruñés nos meses de maio e xuño de 1901. No seu exemplar de 30 de maio de 1901, recolle unha breve nota… Continue reading
-
Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de María Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita” (epílogo)

Os conflictos nos peiraos coruñeses polo aforamento do peixe e mailo paro xeral do 12 de febreiro de 1903 coinciden co tempo do Entroido, polo que resultaba imposible que o humor non se cruzara no camiño da loita obreira e a prensa da época rematase por reflectir este feito. Así, o xornal El Noroeste do… Continue reading
-
Mártires de Valdeorras (II): Concepción e Remedios Fernández, O Val (1939)

O 23 de outubro de 1939, poucos días despois dos asasinatos de Domingo Rodríguez e Amalia López en Soulecín, un grupo de lexionarios ao mando do tenente Peñamaría de Llano chega ao pequeno pobo de O Val no concello ourensán de Rubiá, moi preto de O Barco de Valdeorras. Os militares andaban na procura do… Continue reading
-
Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de María Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita” (e VII)

Como temos visto nas entradas anteriores desta serie, trala liberación dos tres traballadores detidos, prodúcese a volta ao traballo tralo paro xeral en solidariedade cos traballadores metalúrxicos coruñeses, contra o aforamento por peso do peixe e en solidariedade cos folguistas de Reus. De todos os xeitos, o conflicto dos metalúrxicos aínda seguirá uns meses máis,… Continue reading
-
Mártires de Valdeorras (I): Domingo Rodríguez e Amalia López, Soulecín (1939)

Na mañá do 18 de outubro de 1939, moi cedo, un grupo de soldados do I Tercio da III Bandera da Legión Española con base no Pazo ou Casa Grande de Viloira, situado no Barco de Valdeorras, ao mando de Sergio Peñamaría de Llano chega a aldea de Soulecín, na parroquia de Santigoso, no mesmo… Continue reading
-
Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de María Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita” (VI)

O 15 de febreiro de 1903 ten lugar o anunciado mitin obreiro na Praza de Touros coruñesa no que se podería acordar a convocatoria dun novo paro xeral, trala detención dos tres compañeiros que presidiran o mitin anterior, e os xornais coruñeses fan ampla crónica do acontecido ese día. Así, o xornal El Noroeste do… Continue reading
-
Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de María Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita” (V)

Como temos visto nas anteriores entradas, tras o paro xeral e o mitin celebrado o día 12 na Praza de Touros, prodúcese a detención de tres militantes obreiros que presidiron a xuntanza, ao tempo que o Concello coruñés chegaba a un acordo coa empresa arrendataria dos consumos para cambiar de novo o sistema de aforamento… Continue reading
-
Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de María Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita” (IV)

Na anterior entrada, Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de María Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita” (III), temos visto a crónica que o xornal La Voz de Galicia facía dos sucesos dos días 12 e 13 de febreiro de 1903, por mor da xornada de paro xeral convocada polas sociedades… Continue reading
-
Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de María Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita” (III)

O día 12 de febreiro de 1903 ten finalmente lugar a xornada de Paro Xeral impulsada pola Sociedade de Metalúrxicos e apoiada pola totalidade das sociedades obreiras coruñesas, como temos visto nas anteriores entradas: Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de María Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita” (I) e (II).… Continue reading
qué é isto?
Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.
Artigos recentes
- Palestra “Mulleres na Revolución Social”, a cargo de Yanira Hermida, o venres 25 de setembro
- [Ateneo] Boletín Aurora – nº5 – xullo e agosto de 2026
- [Cinefórum Aurora] “Cancións para despois dunha guerra”: 11 de setembro, ás 19 horas
- Día das Mapoulas Libertarias 2026
- “A segunda morte de Antonio Soto”, artigo de Germinal Cerván en La Campana (Pontevedra)
Newsletter
A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911


Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”

