-
Unha madrugada de marzo de 1938… apuntamentos para o acto de lembranza ás vítimas do franquismo (1 de xuño de 2025)

No ano 1985, Juan García Durán publica unha das principais obras bibliográficas sobre a guerra civil española: La guerra civil española : fuentes (archivos, bibliografia y filmografia). Na dedicatoria deste traballo, García Durán escribe o seguinte: «A Lino Carrión Castilla y Alfonso Castillo López, compañeros de celda, a quienes una madrugada de marzo de 1938,… Continue reading
-
Galería de imaxes – Acto en lembranza das vítimas da represión na Folga Xeral de 1901

Como cada ano, a Federación Local Obreira da CGT da Coruña organizou o domingo 1 de xuño de 2025 o tradicional acto de lembranza ás vítimas da represión da folga xeral que tivo lugar na cidade en maio de 1901 no que participaron preto dunha vintena de persoas. A continuación, como cada ano, realizouse outra… Continue reading
-
Os sucesos de 1901, entrevista en Radio Fene

“Os sucesos da Coruña” (30 de maio de 2025, 10:36) Os sucesos da Coruña de finais de maio de 1901 chegaron a todo o mundo.A prensa internacional fíxose eco da folga xeral de tres dias, a declaración do estado de guerra e a represión posterior que acabou coa vida de nove cidadáns. O conflito comezou… Continue reading
-
1 de xuño: Acto en memoria das vítimas da represión na Folga Xeral de 1901 na Coruña

O vindeiro domingo, día 1 de xuño de 2025, ás 12:30 horas, no cemiterio de santo Amaro da Coruña, terá lugar a tradicional ofrenda floral que cada ano ven organizando a CGT da Coruña en lembranza dos obreiros e obreiras asasinadas, vítimas da represión da folga xeral (a coñecida como folga dos «consumeiros») que tivo… Continue reading
-
A Folga de 1901 na Coruña, no xornal “El Nacional”, Madrid

Recentemente ten sido incorporada esta cabeceira de prensa madrileña aos fondos dixitalizados da Hemeroteca da Biblioteca Nacional de España. Trátase do xornal El Nacional, editado en Madrid entre 1894 e 1913, baixo a dirección, ata o seu falecemento en 1903, de Adolfo Suárez Figeroa. Político e xornalista andaluz, era irmán de Augusto, director de El… Continue reading
-
“A Coruña, 1901: un retrato a chumbo e sangue”, palestra en O Facho, o 27 de maio de 2025

A finais de maio de 1901, a cidade da Coruña quedou paralizada por unha folga xeral que había de durar tres días, convocada polas sociedades obreiras trala morte a noite anterior, dun traballador en folga. O medo da burguesía local e as estruturas estatais ante o pulo da organización obreira, que fora quen de deter… Continue reading
-
“A transición sanguenta” na casa sindical da CGT da Coruña, 23 de maio de 2025

O vindeiro venres, 23 de maio de 2025, a Casa Sindical da CGT da Coruña (rúa de Entrepeñas, 6) acollerá, a partir das 18:30 horas, o acto “A transición sanguenta” organizado por Esquerda Revolucionaria, o COT (Colectivo de Olvidados por la Transición) e mailo Sindicato de Estudantes. No acto, será proxectado o filme documentario “Las… Continue reading
-
Mitin anarcosindicalista na Coruña en xuño de 1936, con J. García Oliver como orador

Na mañá do domingo 21 de xuño de 1936 tiña lugar na praza de touros da cidade da Coruña, un mitin anarcosindicalista, denominado de “Concentración Confederal” ou “de Revalorización Confederal, como glosa de los acuerdos de Zaragoza”, no que o principal orador foi o militante catalán Joan García Oliver. Este mitin celébrase pouco máis dun… Continue reading
-
Acto de rehabilitación e dignificación da tumba de Joan García Oliver, o 11 de maio de 2025

Logo dunha investigación comezada en torno a 2010, foi atopada finalmente a localización da tumba de Joan García Oliver, en Guadalajara (México). Joan García Oliver tiña nacido o 20 de xaneiro de 1901 en Reus, Tarragona. Activo militante anarcosindicalista dende moi novo, formou parte dos grupos “Los Solidarios” e “Nosotros” xunto a Durruti, Ascaso, Jover… Continue reading
qué é isto?
Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.
Artigos recentes
- [Cinefórum Aurora] “O cine libertario: cando as películas fan historia”: 8 de maio, ás 19 horas
- [Ateneo] Boletín Aurora – abril de 2026
- O xoves 30 de abril, nova sesión do Club de Lectura con “As rulas de Bakunin” de Antón Riveiro Coello
- 19 de abril: En lembranza da folga das misteiras.
- [Cinefórum Aurora] “Pan e rosas”: 10 de abril, ás 19 horas
Newsletter
A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911


Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”


