Mapoulas Libertarias 2023: recuperando a memoria de Basilisa Álvarez, a Corales

O colectivo Refuxios da Memoria organiza un ano máis o Día das Mapoulas Libertarias, desta volta adicado á figura de Basilisa Álvarez, A Corales, militante libertaria das Atochas, coa seguinte axenda de actividades:

O sábado 8 de Xullo, ás 21 horas, Presentación do libro “Basilisa Álvarez, A Corales. Unha mapoula nas Atochas”, unha aproximación biográfica e un exercicio de imaxinación a través de media ducia de textos de ficción e ‘collages’, no Patachim (rúa de Orillamar, 16, na Coruña).

O luns, 10 de Xullo, Roteiro sobre a memoria libertaria das Atochas e Monte Alto que comezará, ás 20 horas, na entrada principal do cemiterio de Santo Amaro, e acabará, ás 21h, na praza da Corales. O roteiro percorrerá dende o cemiterio, os seguintes puntos: a rúa de Marconi, a praza de Cantigas da Terra para rematar na praza da Corales, na intersección das rúas de San Xoán e San Xosé, onde terá lugar o acto central do Día das Mapoulas, a partir das 21h, coa inauguración simbólica desta praza, onde estivo a casa-refuxio da Corales, con música e lecturas. A partir das 22 horas haberá Foliada, no Patachím.

Por último, o luns 24 de Xullo, terá lugar un Faladoiro da memoria antifascista das Xubias e Sardiñada, no local da asociación Eumedre, nas Xubias de abaixo, a partir das 19 horas, en recordo do intento de fuga do ‘Tres hermanos’, en 1938.



Unha resposta a “Mapoulas Libertarias 2023: recuperando a memoria de Basilisa Álvarez, a Corales”

  1. […] praza da Corales será reivindicado o novo nome da praza, coa reposición da placa que homenaxea a Basilisa Álvarez “Corales”, unha daquelas veciñas libertarias homenaxeada o ano pasado no Día das Mapoulas Libertarias, […]

    Gústame

Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”