O xoves 30 de abril, nova sesión do Club de Lectura con “As rulas de Bakunin” de Antón Riveiro Coello

O vindeiro xoves, 30 de abril, ás 19:30 horas, temos a segunda tertulia do noso Club de lectura AURORA – Lecturas na veciñanza, coa novela As Rulas de Bakunin de Antón Riveiro Coello.

Esta novela é unha fiestra aberta pola que os lectores podemos espreitar á vida de Camilo, un vello militante anarquista. Descubrimos así unha historia de amor, derrota e resistencia. Non é só un descubrimento (ou un recordatorio) do pulo libertario que tiña a Coruña e a súa contorna nas primeiras décadas do século XX. Tamén é a memoria das persoas, dos homes e mulleres, que encarnaron ese pulo pola xustiza e a liberdade. Unha novela que recupera as pequenas grandes historias dos seus amores, amizades e inimizades, traizóns e lealdades, arelas e temores, éxitos e fracasos.

E todo iso váisenos ofrecendo polos escenarios próximos dos camiños e estradas das Mariñas, nas rúas da Coruña ou Compostela, pero tamén da forzada estadía nun afastado Uruguai…. sempre seguindo o fío da vida de Camilo: desde os tempos da infancia co seu avó, pasando polos días das militancias, os amores xuvenís e os devezos revolucionarios, ata a sublevación fascista. Seguirán a esta os duros momentos de fuxida, cárcere e exilio, para chegarmos da man do noso protagonista os tempos do regreso, sempre inacabado, e das ausencias reflectidas nas fermosas cartas a Rosalía, a súa rula de ollos azuis, e a teimuda procura dun libro perdido que non pode nin quere ser esquecido.





Deixar un comentario

qué é isto?

Un espazo para ir recollendo información para a recuperación, conservación e difusión da memoria libertaria e a historia do movemento obreiro na Galiza.

Newsletter

A Folga de 1901 na Coruña, na prensa

Boletín “A Folga de 1901: os sucesos dos días 30 e 31 de maio de 1901 na Coruña”

A Folga de 1901, no Diario de Sesións do Congreso dos Deputados

Solidaridad Obrera de Galicia – 1911

Conflitos obreiros e Folga Xeral de 1903 na Coruña: a figura de Mª Manuela Vázquez Mejuto “La Morenita”

Folga Xeral revolucionaria de 1933 na Galiza

A Folga de 1901, no “Suplemento a la Revista Blanca”